Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Catro das vinte persoas que fixeron o curso de caixeiro/a-repoñedor/a organizado polo Concello atoparon traballo en supermercados

A entrega de diplomas celebrouse no Concello coa presenza da alcaldesa e da responsable da formación

A entrega de diplomas celebrouse no Concello coa presenza da alcaldesa e da responsable da formación

Fecha: 12 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O curso de caixeiro/a-repoñedor/a organizado polo Concello de Tomiño, tivo coma resultado a contratación de catro das 20 persoas que o fixeron, sendo posible a formalización de máis contratos en breve.

A acción formativa, organizada a través do Servizo de Orientación Laboral, foi de balde para os participantes e tivo unha duración de 40 horas; 10 teóricas, impartidas no propio Concello e 30 prácticas (non remuneradas), en distintos supermercados da zona, un dos cales procedeu logo ás catro contratacións mencionadas.

A entrega de diplomas celebrouse no Concello, contando coa asistencia de varias das participantes; a responsable da formación (Academia Elisa), o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen expresou a súa satisfacción, tanto polo desenvolvemento do curso, coma pola creación de novos postos de traballo na comarca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones