Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Catro medallas para Os Teixugos no Campionato Galego de promoción de slálom

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con nove deportistas que competiron e gozaron das augas e a marabillosa paisaxe da praia do Val.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con nove deportistas que competiron e gozaron das augas e a marabillosa paisaxe da praia do Val.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2020

Fuente: Rosa Fernández

A praia do Val, no concello de Mondariz,  foi o escenario escollido para celebrar este domingo a última e máis importante das probas da Liga Galega de Promoción de Slálom, o Campionato Galego. Nas augas do río Tea déronse cita os máis pequenos do slálom galego, concretamente nenas e nenos das categorías benxamín, alevín e infantil.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con nove deportistas que competiron e gozaron das augas  e a marabillosa paisaxe da praia do Val.

En K1 Muller Benxamín  Leila Álvarez foi a gañadora da proba, acadando por tanto a medalla de ouro. Na mesma categoría, a súa irmá Nerea fíxose coa prata ao rematar segunda.

En K1 Home Benxamín, Alejandro Barreiro , conseguiu a medalla de bronce co seu terceiro posto.

En K1 Home Alevín, Javier Lluch, cunha baixada impecable e sen penalizacións, foi terceiro, acadando, por tanto, o bronce. Na mesma categoría, Pedro Lomba rematou octavo.

En K1 Home Infantil, a categoría máis numerosa, Adrián Lluch, rozou o podio coa súa cuarta posición, o seu compañeiro Rui Magalhaes foi quinto, Antón Fernández  sétimo e Alexandre González duodécimo.

En C1 Home Infantil, Adrián Lluch, rematou quinto.

 

Catro medallas individuais e o quinto posto na clasificación por equipos, foi o balance final  no  Campionato Galego de Slálom para os Teixugos. Pero moito máis importante cós resultados, foi que nenos e nenas practicaron deporte con seguridade e ao aire libre e desfrutaron  dunha xornada de convivencia e amizade con nenas e nenos de toda Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí