Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CHARLA -ENCONTROS CON PROFESIONAIS- NO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER DO ROSAL

Preto de 50 alumnos e alumnas de 4º de ESO coñeceron de primeira man as opinións de diferentes profesionais de diversos ámbitos laborais.

Preto de 50 alumnos e alumnas de 4º de ESO coñeceron de primeira man as opinións de diferentes profesionais de diversos ámbitos laborais.

Fecha: 13 de Mayo de 2016

Fuente: Educadora Familiar O Rosal

O pasado mércores día 11 de maio tivo lugar no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal os "Encontros con profesionais" organizado polo Concello do Rosal e coa colaboración do departamento de orientación do centro.
Preto de 50 alumnos e alumnas de 4º de ESO coñeceron de primeira man as opinións de diferentes profesionais de diversos ámbitos laborais. Tiveron a ocasión de escoitar as súas realidades, dificultades e aspiraciones no seu traballo diario.
Ante a pregunta de: ¿A vocación nace ou se fae? Xurde de modo natural dentro de nós mesmos/as ou a vida nos vai levando hacia o noso camiño? Os profesionais de diferentes ámbitos laborais como o sector dos deportes, perruquería, educación, mecanizados, bioloxía, administración e informática, foron relatando as súas experiencias.
Ana González Portela, directora da piscina municipal da Guarda e monitora deportiva nunha empresa de actividades formada por Ana e 2 socios máis, explicou a súa experiencia cando despois de cursar bacharelato no IES A Sangriña, decidiu estudiar INEF na Coruña, incluso coa oposición de persoas que non lle veían futuro aos seus estudios. Finalmente cursou a carreira e logo de traballar en diferentes traballos todos eles relacionados co seu ámbito, formou a empresa de actividades deportivas ó tempo que compaxinaba co traballo de monitora na piscina, da que é directora na actualidade.
Ana é empresaria e empregada polo que coñece estas dúas realidades do mundo laboral.

María Martínez González, dona da perruquería ADICT do Rosal, foi alumna do CPI Manuel Suárez Marquier. Ó rematar os seus estudos de EXB estudiou en Porriño nunha academia os estudos de Perruquería, e con 16 anos empezou a traballar sen percibir ningún salario nunha perruquería da Guarda. Un tempo despois e con só 20 anos, arriscou e emprendeu o seu propio negocio montando a súa perruquería. Hoxe é unha xove emprendedora con negocio propio no Rosal dende hai 13 anos. María contaba a dificultade que supón o seu amplio horario, incluso en festivos e domingos, coa conciliación da súa vida familiar e persoal. Pero todo é posible se o traballo te apasiona e contas con axuda familiar.

Andrea Da Pena Iglesias estudiou no CPI Suárez Marquier, continuou no IES A Sangriña os seus estudos de bacharelato e ó rematar estudou maxisterio de Educación Infantil. Unha vez rematada a súa carreira, preparou oposicións durante un ano intensivo e aprobou como interina, dos anos despois aprobou unha praza fixa, desempeñando a súa profesión na actualidade na unitaria de Pías como profesora de educación infantil.
Andrea relataba aos alumnos e alumnas do CPI a necesidade de ser resolutivos no traballo, xa que o desempeño da actividade profesional supón diferentes retos e dificultades. Andrea compaxina a súa actividade docente coa práctica deportiva de alto nivel conciliando ambas actividades.

Jose Benito Alonso Cordero, natural de A Guarda, traballa na actualidade nunha empresa de mecanizado no polígono industrial dos Seixiños en Vigo. É torneiro fresador, ainda que con 16 anos non atopaba o seu lugar no IES da Sangriña onde cursou ata 2º de bacharelato. Abandonou bacharelato e estudiou un curso de Mecanizado polo plan FIP, o antigo Plan de Formación e Inserción Profesional.
O seu primeiro traballo con 18 anos foi nunha pequena empresa de mecanizado do Rosal para dar o salto un tempo despois a Vigo á empresa que está na actualidade.
Benito destacaba a importancia da formación continua tanto no seu traballo como en calquera outro. A evolución do mercado laboral coa incorporación de novos materiais e equipos supón unha reciclaxe constante. Falaba do control numérico ou da introducción da impresora 3D no seu campo laboral desconocida hai uns anos.

Marcial Lorenzo Pereira, licenciado en Bioloxía, estudiou no CPI Manuel Suárez Marquier os estudos obrigatorios, continuando no IES da Sangriña os estudios de bacharelato. Ó rematar estudiou en Santiago a carreira de Bioloxía e iniciou a súa andadura profesional coa recuperación de aves despois do verquido do Prestige. Ó rematar este traballo viaxou a Escocia para aprender o idioma, pero o que ía ser un viaxe duns meses acabou sendo unha experiencia de dous anos. Realizou alí un máster e volveu para desempeñar diversos traballos como o de inspector de verquidos. Na actualidade compaxina o traballo de campo realizando proxectos para empresas, coa colaboración coa universidade coa que sigue moi vinculado.
Marcial destaca a desconexión existente entre os estudos e o mundo laboral. O académico e a realidade profesional.

Belén domínguez Carrera estudiou no CPI Manuel Suárez Marquier, máis tarde cursou os estudos de bacharelato no IES a Sangriña, e ó rematar estudiou a carreira de Ciencias Empresariais en Vigo.
Empezou a súa andadura profesional nunha xestoría en Tui, para pasar logo a unha correduría de seguros na Guarda, e na actualidade realiza a súa labor nunha xestoría no Rosal.
Belén destaca que nunca estivo desempregada porque é imprescindible ter recursos e ser resolutiva. Cando unha vía non funciona hai que saber dar a volta e encamiñarse en outra dirección, pero nunca rendirse. Di que o fundamental é facer o que apasiona e non deixar que ninguén tome as decisións por un.

Jorge Alonso Daldea estudiou bacharelato no IES a Sangriña e ó rematar empezou o CS de Informática ainda que non rematou estes estudos.
Sen embargo xa tiña claro cal eran os seus gustos e aptitudes. Probou en diferentes traballos como soldador ou camareiro, pero o seu itinerario laboral xa estaba encamiñado e continuou formándose en varios cursos FIP e AFD (Accións Formativas para Desempregados) sobre Sistemas Microinformáticos, Aplicaciones Informáticas de Xestión e Xestión e mantemento de tendas online.
Fundou a páxina web Infominho, referente na zona na búsqueda de información local e da que é director na actualidade. Jorge comenta as dificultades que supón non ter horario, quedarse ata tarde nun evento ou cubrir información ás veces algo tediosa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones