Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cinco anos de loita dos emigrantes retornado

A Comisión Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados foi recibida este mércores no Congreso dos Deputados en Madrid.

Hai moitas persoas que teñen que pagar a Seguridade Social todos os meses 87,50? dos seus petos para poder ter asistencia médica.

Fecha: 19 de Octubre de 2018

Fuente: Emigrantes Retornados

O pasado mércores ás catro da tarde no Congreso dos Deputados, en Madrid, fumos recibidos polo Presidente de Comisión de Facenda sr. Hurtado Zurera a Deputada Patricia Blanquer, e a Deputada de Asuntos Sociais, relacionados coa Seguridade Social, (membro desta Comisión). Goberno PSOE.

A recepción foi correcta e agradable, por parte da Comisión que nos recibéu, así como tamén o respecto de distintas Deputadas que nos atopamos polos pasillos do Congreso.

A reunión desenrolóuse nuns termos correctos, ainda que temos que decir que houbo momentos de duro e intenso debate dialéctico entre as dúas partes. O Sr. Hurtado acabóu felicitándonos, polos logros conseguidos polos emigrantes retornad@s, que non son poucos, recoñecendo e loando en nome do seu Grupo o labor e a valentía dos emigrantes retornad@s, que durante cinco anos veñen reclamando os seus dereitos, xustiza e igualdade e pedindo os gobernantes de todos estes anos máis atencióna a situación do colectivo dos emigrantes, dos de antes e dos de agora, pois desgraciadamente a sangría da emigración sigue de actualidade.

Recoñecéu tamen que sin a nosa loita e movilizacións serían imposibles os logros conseguidos e que fora aprobada en Comisión unha nova Proposición Non de Lei, (coa abstención do PP que lideraba o Deputado galego Tomás Fole, ex-alcalde de Vilagarcía de Arousa), una Lei que nós CONSIDERAMOS POSITIVA, PERO INSUFICINTE, daí a reunión para por enriba da mesa que se acepten as nosas propostas, co fin de poder acadar o obxectivo polo que levamos loitando tantos anos, máis de 250mil traballadores galeg@s emigrantes retornad@s pensionistas e xubilados, que non e outro que: a xustiza e igualdade fiscal e social.

Cada membro da Comisión dos emigrantes retornad@s levabamos un tema preparado para desenrolar durante a reunión, para ser breves e claros.
Para coñecemento do noso colectivo das Plataformas Comarcais de CNGER e da opinión pública galega en xeral, facemos un breve resumo dos temas desta reunión:

.Problema das pensións de invalideces: Compromiso de homologación, e dicir, recoñecemento de oficio, tal e como veñen especificadas dos países pagadores.

.Problema das pensións de Alemaña: Compromiso de a devolución de oficio do pagado ilegalmente dos anos que non estean pescritos. Sabemos que hai miles de persoas que non reclamaron os cartos, unha mágoa por que agora xa non se pode reclamar máis que unha pequena parte. Ainda así nós reivindicamos que se devolveran os cartos de oficio a todos e a todas as persoas que lle cobraron ilegalmente, como recoñece o TSX de Galiza.

.Problema de máis dun o de máis pagadores: Éles ven difícil e complexa a sua eliminación, comprométense a seguir traballando coa Ministra de Facenda para elaborar o que éles chamaron "un tratamento fiscal específico" para os emigrantes retornados, buscano unha fórmula para eximir de cotizar unha das pensións (a que agora está exenta é que chega a 1.500 € anuais e que non hai obriga de declarar, auméntandoa) e ista podería ser a vía, ampliando ista cantidade e buscando un tratamento especial para o resto da pensión.

.Novo imposto de Alemaña: No convenio bilateral do 2012 asinado por Alemaña e España e que grava con un 5% as pensións, vixente xa desde o ano 2015, o país xermano xa comezóu a a enviar cartas os emigrante retornados reclamando que fagan as suas liquidaccións do período 2015-2017, solicítase o Goberno do Estado español que se revoque iste convenio para evitar a dobre-imposición. Francia xa mostróu a intención de sumarse a este novo imposto.

.O problema da Seguridade Social: Hai moitas persoas que teñen que pagar a Seguridade Social todos os meses 87,50€ dos seus petos para poder ter asistencia médica.

A Deputada de Asuntos Sociais Infórmanos de que este tema está solucionado pola Lei da Sanidade Universal para todas e todos (sin exclusións), que garante íste Dereito. Publicada no BOE do 30 de xullo de 2018.

.O problema da retroactividade: Están dacordo con nós e recoñecen que o da retroactividade que nos aplicaron foi un abuso, un verdadeiro atropelo, raiando coa ilegalidade. Agora e moi difícil a súa devolución, pois casi todo está prescrito, e as leises non se poden saltar. Nós insistimos dicíndolle que non renunciamos a nada, foi un atraco do PP de Rajoy e Montoro, un "plan de espolio" dos nosos cartos, un atraco para facer caixa e tapar as súas miserias, pagamos os máis débiles, os emigrantes retornad@s, este asunto debería ter un tratamento especial de reparación da in-xustiza por parte da Xustiza do Estado español, que nós temos denunciado na UE, precisamente por "discriminación" (ver Carta dos Dereitos Humanos).

O Sr, Hurtado, indícounos que cada quen, ten o dereito de poder recurrir os tribunais deXustiza estes pagos cuasi-ilegáis da retroactividade. (?)

Comprométense tamén a crear un grupo de "técnicos específicos especiais" para informar e asesorar aos emigrantes retornad@s no refernte o IRPF. Nós insistimos e pedímolles que se lexisle e se facilite información clara e persoal que chegue as casas de todo o colectivo.

Despois de duas horas de debate, (6 da tarde) tivemos que rematar a reunión, para voltar no derradeiro tren que sae de Madrid, que nos traia de volta a Galiza.

Fixemos os deberes como mellor soubemos, agora agardamos que os esforzos e ás movilizacións de todo o colectivo dos emigrantes retornad@s galegos dea os froitos que tod@s agardamos e que o novo Goberno do Estado do PSOE de Pedro Sánchez cumpra coas suas promesas e os acordos acadados para conseguir a tan desexada IGUALDADE FISCAL E SOCIAL.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones