Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CLAUSURA DAS ACTIVIDADES LÚDICO-EDUCATIVAS REALIZADAS COS CENTROS DE ENSINANZA DO MUNICIPIO E APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN DA CAMPAÑA -VERÁN TOMIÑO-

O Concello de Tomiño vén de pechar as actividades lúdico-educativas realizadas cos centros de ensinanza do municipio.

O Concello de Tomiño vén de pechar as actividades lúdico-educativas realizadas cos centros de ensinanza do municipio.

Fecha: 18 de Junio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño vén de pechar as actividades lúdico-educativas realizadas cos centros de ensinanza do municipio.

No instituto de Tomiño o alumnado pudo gozar da representación teatral de SMOKE CITY a cargo de Malasombra Producións, representación que aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria das persoas consumidoras, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia libre de dependencias. Por outra banda, tamén se realizou con alumnado de ESO ao longo do curso 2014/15, o programa municipal de É APRENDER, para o apoio escolar e motivación en horario de tarde en diferentes parroquias do concello, con alumnado da ESO. Esta semana tamén remata no instituto un obradoiro de educación afectivo sexual organizado por persoal e voluntariado municipal.

Con respecto ao CRA (colexios rurais agrupados), ofertouse unha actividade levada a cabo por Luada Teatro. Unha posta en escea máxica de varios contos relacionados coa mitoloxía galega e coa educación ambiental, realizada con teatro de sombras.

Nos centros de educación primaria, realizouse unha actividade de iniciación ao piragüismo chamada "Semana Azul" no río Miño e a cargo do Clube Deportivo Miño.

Por vez primeira este curso escolar, o concello de Tomiño organizou diferentes actividades extraescolares: portugués, xadrez, ioga e risoterapia, multideporte, inglés etc. en todos os centros educativos do concello (IES, CRA e CEP-CEIPS).

Con respecto á campaña "Verán Tomiño" (abrirase o prazo de inscrición este venres día 19 de xuño) estas son as actividades que imos a realizar:


CURSO DE IOGA TIBETANO. A partir de 14 anos e sen límite de idade (menores con autorización). Horario: venres de 20.30h a 22h. Inicio 3 de xullo.
CURSO DE PROMOCIÓN DO PIRAGÜISMO.
Nenos e nenas de 8 a 14 anos, nesta práctica deportiva. Inicio: 1 de xullo. Horario: GRUPO A: os martes de 17h a 18h e GRUPO B: xoves de 17h a 18h.
RUTAS TURÍSTICO-AMBIENTAIS DE DESCENSO EN PIRAUGA POLO RÍO MIÑO. A partir de 14 anos e sen límite de idade (menores con autorización). Obrigatorio saber nadar. Inicio en xullo Horario: de 16h a 19-20h sábados 4 e 18 de xullo, 8 e 22 de agosto
CAMPUS DE TENIS E PÁDEL Para nenos e nenas de 6 a 9 anos, de 9 a 13 anos, de 14 a 18 anos (con autorización) e persoas adultas. Inicio en xullo. Horario de TENIS: luns, mércores e venres, quendas de 10h a 11/ de 11 a 12h/ de 12 a 13h. Horario de PÁDEL: luns, martes, xoves e sábado: luns de 9h a 10h, martes de 12 a 13h, mércores de 9 a 10h e sábados de 9 a 10h.
CAMPAMENTO URBANO EN TOMIÑO. Para nenos e nenas de 5 a 12 anos (con autorización). Inicio: 6 de xullo. Horario: De 9 a 14h.
CAMPUS DE FÚTBOL. Para nenas e nenos de 4 a 16 anos.Inicio: do 20 de xullo ao 1 de agosto.
IV CAMPAMENTO MUSICAL. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Do 24 ao 28 de agosto en horario de 10 a 13h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones