Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CNT convocará folga xeral feminista de 24 horas o 8 de marzo

Porque toda opresión atopará á CNT enfrente, o 8M saliremos ás ruas para unir a nosa forza e con-tribuir ao éxito da convocatoria.

Porque toda opresión atopará á CNT enfrente, o 8M saliremos ás ruas para unir a nosa forza e con-tribuir ao éxito da convocatoria.

Fecha: 16 de Enero de 2019

Fuente: CNT

A Confederación Nacional do Traballo, en resposta ao chamamento do movemento feminista e acorde aos principios da organización, convocará o vindeiro 8 de marzo unha folga xeral feminista de 24 horas en todos os sectores, polo que toda persoa de calquera parte do territorio contará con todas as garantías legais para secundar a folga.

Case un ano despois da histórica folga do 8M de 2018 que mobilizou a millóns de persoas en defensa dos dereitos das mulleres, as razóns que motivaron aquela convocatoria seguen plenamente vixentes. As mulleres seguen enfrentándose día a día a unha sociedade capitalista e patriarcal que lles nega o dereito máis básico á non discriminación. A violencia que se exerce sobre a muller, na súa casa, na rúa ou no traballo, debe ser atacada e anulada polo conxunto da sociedade para aspirar a vivir nun entorno máis xusto e igualitario.

Como sindicato, CNT afronta cada día a discriminación laboral que sofren as mulleres únicamente polo feito de selo. Nin a lexislación actual nin os tribunais protexen o dereito da muller a traballar en igualdade de condicións que os seus compañeiros homes. Convenios abusivos, falta de ferramentas eficaces para garanter o mesmo salario para desempeños de igual valor, enfermidades non recoñecidas propias do traballo en sectores feminizados, acoso e abuso sexual, son soamente algúns exemplos das condicións que viven as mulleres no seu entorno laboral.

Ante esta realidade, CNT convocará a toda a clase traballadora a unha folga xeral feminista o 8 de marzo para esixir a eliminación da fenda salarial, tanto directa como indirecta, a eliminación dos obstáculos no acceso e promoción no emprego (chan pegañento e teito de cristal), medidas que faci-liten a conciliación da vida laboral e familiar dende a corresponsabilidade, eliminar a reforma da lei de pensións na que soamente o 23% de mulleres chegará a xubilarse con 65 anos, así coma o fin de toda discriminación no traballo ao servizo do fogar familiar.

Ao igual que o ano pasado, CNT posicionase detrás do movemento feminista e, xunto ao resto de colectivos e organizacións sociais, seguirá traballando para conseguir un verdadeiro cambio político e social onde os coidados sean recoñecidos, valorados e compartidos.

Porque toda opresión atopará á CNT enfrente, o 8M saliremos ás ruas para unir a nosa forza e con-tribuir ao éxito da convocatoria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones