Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

COGAMI REALIZOU 2.344 ENTREVISTAS DE ORIENTACIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU INCAPACIDADE LABORAL DURANTE 2014

As persoas captadas pasan a formar parte dunha bolsa de datos na que hai inscritas 27.500 persoas

As persoas captadas pasan a formar parte dunha bolsa de datos na que hai inscritas 27.500 persoas

Fecha: 13 de Enero de 2015

Fuente: COGAMI - Infomiño.com

O Servizo de Intermediación Laboral (SIL) que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) atendeu durante o ano 2014 a un total de 2.344 persoas, todas elas con discapacidade ou con incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual.

 

Este servizo, que naceu en 1996 ligado ao Servizo Público de Emprego de Galicia e que  financia a Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo e cofinancia COGAMI a través de fondos que recibe doutro tipo de financeiros particulares como fundacións, entidades privadas, etc, informa, orienta e asesora ás persoas no proceso da súa busca de emprego. Para isto conta cun equipo formado por 25 orientadoras/es laborais situados nas sete cidades galegas e que, para facer máis accesible o servizo a todas as persoas, este equipo se despraza periodicamente ata as zonas rurais.

 

A continuación, extraemos os datos de orientación segundo a oficina.

 

Santiago

A Coruña

Ferrol

Lugo

Ourense

Pontevedra

Vigo

Total

330

472

252

138

383

265

504

2.344

 

As persoas que se achegan a COGAMI a través do SIL solicitan tanto emprego como formación. O Servizo de Intermediación Laboral apoia a esta persoa na busca de calquera destes servizos, se ben se lle fai unha primeira entrevista de toma de contacto e de coñecemento das súas necesidades e intereses  para poder trazar un itinerario adecuado. A través desta entrevista, a persoa usuaria, sempre posuidora dun certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta ou de incapacidade laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social, entra a formar parte dunha base de datos que actualmente conta con 27.500 persoas inscritas, o 61% homes e o 39% mulleres.

 

O orientador laboral vai ser quen se encargue de informarlle á persoa usuaria sobre as ofertas de emprego que hai, se lle informa sobre os recursos existentes para a busca de ofertas de traballo, dos cursos de formación que inician (en 2014 COGAMI impartiu 50 cursos de Formación Profesional Ocupacional presenciais e a distancia, nos que participaron 673 persoas, das que 339 realizaron prácticas en empresas), e tamén se lle asesora na actualización do curriculum. Sempre a finalidade deste servizo é  implicar á persoa no proceso de busca de emprego.

 

Outro dos obxectivos do servizo de emprego de COGAMI é a de visitar a empresas, tanto para dar a coñecer o servizo, como tamén, para sensibilizar e concienciar ao empresariado sobre a contratación de persoal laboral con discapacidade. Cando chega unha oferta ao SIL por parte dunha empresa, o servizo de emprego de COGAMI comprométese a seleccionar gratuitamente a dous ou dúas candidatas para o posto en 48 horas, ademais de asesorar ao empresariado sobre as axudas existentes para as adaptacións dos postos de traballo, así como ofrecerlle información sobre as deducións fiscais e incentivos pola contratación de persoas con discapacidade.

 

Durante o ano pasado, o SIL realizou xornadas de difusión  e concienciación na Confederación de Empresarios de A Coruña e tamén na Cámara de Comercio de Pontevedra, tendo previsto continuar con estas xornadas durante o ano 2015 noutras entidades empresariais de referencia na nosa comunidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones