Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

COMERCIANTES DE GOIÁN ORGANIZAN UNHA ORIXINAL ACTIVIDADE DE PASCUA E ESTREITAMENTO DE LAZOS COA VECIÑA CERVEIRA

Na medianoite de mañá, sábado, seis embarcacións cruzarán o Miño para entregar a -Xudas Iscariote Traidor- aos veciños e veciñas de Vilanova

Con este fin, o día 15 abril, celebrouse na praza de Goián, un obradoiro de Confección de Xudiñas, dirixido a nenos e nenas, que crearon os seus propios bonecos.

Fecha: 19 de Abril de 2014

Fuente: www.aguarda.es

Cerca de corenta comerciantes de Goián (Tomiño) organizan unha orixinal actividade de Pascua, en colaboración cos seus veciños portugueses, o Concello de Tomiño e a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira.
O obxectivo é compartir unha vella tradición da vila lusa, dándoa a coñecer deste lado da "raia", e ao mesmo tempo, estreitar lazos coa poboación fronteiriza.

A actividade consiste na confección artesanal de bonecos que representan a Xudas Iscariote Traidor, elaborados con tela, espumas, las, etc., e colocados nas portas dos comercios locais, ata que o vindeiro sábado, 19 abril, ás 24.00 horas, no embarcadoiro do antigo ferry, se faga entrega deles á veciña Cerveira, coa colaboración de seis pescadores de Goián que prestarán desinteresadamente as súas embarcacións. Ademais, actuará o grupo de Gaitas Virxe do Alivio.

Mentres, nas rúas de Goián, o Xudas traidor convive nestes días cos veciños e veciñas, sacando un sorriso aos viandantes, que se deteñen a observar os atractivos bonecos.

Tamén os escolares do CEIP Antonio Fernández, percorreron as rúas de Goián, e os mestres explicáronlles esta tradición de Vilanova de Cerveira en torno a este boneco, o que significa e representa, e o por que desta actividade por parte dos comerciantes goianeses.

Con este fin, o día 15 abril, celebrouse na praza de Goián, un obradoiro de Confección de Xudiñas, dirixido a nenos e nenas, que crearon os seus propios bonecos.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, lembra o apoio decidido do goberno local a este tipo de iniciativas veciñais, "que contribúen a estreitar os lazos de amizade que unen aos dous pobos, e permiten afondar no coñecemento das tradicións e da identidade cultural dos mesmos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones