Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comeza en Tomiño a sétima edición do Campus de Fútbol

A sétima edición comezou esta semana, e estenderase até o sábado 28 de xullo, nos campos de fútbol da Carballa e do Regatiño

A sétima edición comezou esta semana, e estenderase até o sábado 28 de xullo, nos campos de fútbol da Carballa e do Regatiño

Fecha: 20 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Un centenar de nenos e nenas comezaron a súa aventura no campus de fútbol
A sétima edición comezou esta semana, e estenderase até o sábado 28 de xullo, nos campos de fútbol da Carballa e do Regatiño

A Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño inaugurou este luns, o sétimo Campus de Fútbol de Verán, que se estenderá ao longo de dúas semanas; concretamente até o sábado 28, de maneira simultánea nos campos municipais de fútbol de A Carballa (Tomiño) e O Regatiño, de Goián.

Un total de 77 nenos e 8 nenas recibirán clases teórico-prácticas para aprender técnicas futbolísticas e gozar coa práctica do deporte.

A actividade, que está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, é impartida de luns a venres en horario matinal (10.00 a 13.30 horas). A maioría dos participantes son de Tomiño, aínda que tamén os hai doutros concellos da zona.

A primeira parte da xornada dedícase a exercizos de quecemento, estiramentos e xogos cooperativos, de forma de afianzar a relación entre os participantes, divididos en grupos, segundo a idade.

Logo da merenda, comezan as clases teórico-prácticas e os partidos. Ademais, lévanse a cabo actividades complementarias, coma charlas sobre nutrición e educación vial, ou a visita dun recoñecido futbolista.

Asemade, realizaranse actividades relacionadas coa igualdade de xénero, impartidas por unha psicóloga; un obradoiro de cociña saudable , e por último, e moi importante, un obradoiro de violencia de xénero e outro de acoso escolar, ambo os dous impartidos polo sarxento da Garda Civil de Tomiño.

 

Máis actividades

A Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, ademais do Campus de Fútbol, organiza coma en anos anteriores durante os meses de xullo e agosto, os campus de tenis e padel, piragüismo e outros deportes náuticos.

Asemade, hai cursos de pilates en familia na Fortaleza de Goián, rutas turísticas e etnográficas (Tomiño Único), sen esquecer o campamento urbano, ao que asisten máis de 70 nenos e nenas.

A ampliación da oferta deportiva e lúdica responde, segundo explica o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, ao ánimo de ofrecer á veciñanza un ocio de calidade, ofertas deportivas diferenciadas para fomentar o deporte de base, e ao mesmo tempo, axudar ás nais e pais que traballan fora de casa, a conciliar a vida laboral e familiar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones