Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comezan en setembro tres novos obradoiros organizados por Mocidade en Tomiño

-Faladoiro de inglés-, -Obradoiro de cócteles e bebidas sen alcohol- e -Lingua de signos-, son as tres novas propostas do Concello, cuxa matrícula está aínda aberta

-Faladoiro de inglés-, -Obradoiro de cócteles e bebidas sen alcohol- e -Lingua de signos-, son as tres novas propostas do Concello, cuxa matrícula está aínda aberta

Fecha: 31 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Concellaría de Mocidade organiza a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), tres novos obradoiros pensados especialmente para a xente moza do concello.

Trátase de tres propostas formativas que poden abrir camiños ás mozas e mozos no mundo laboral. En primeiro lugar, un "Faladoiro de Inglés", no que unha profesora guiará as conversas entre as persoas asistentes, arredor de temas de actualidade e interese. Adquirir soltura e destreza na fala de xeito práctico será o obxectivo principal deste obradoiro", explica Fátima Rodríguez, concelleira responsable da área.

A actividade, que terá unha duración total de 16 horas, impartirase, en principio, os martes de 20.00 a 22.00 horas no Mercado de Tomiño. As mozas e mozos que se apunten deberán ter 12 anos ou máis; preferiblemente, nivel medio en lingua inglesa, e abonar 15 euros en concepto de inscrición.

Outro dos obradoiros que comezarán en breve é o de preparación de cócteles e bebidas sen alcohol. Este taller, de 4 horas de duración, impartirase durante dous mércores consecutivos (12 e 19 de setembro), de 20.00 a 22.00 horas, tamén no mercado de Tomiño, cunha inscrición de 10 euros e unha idade mínima de 16 anos.

Por último, o día 13 de setembro comezará un curso de lingua de signos de 30 horas de duración, no que o alumnado, de 16 años en diante, poderá coñecer as técnicas instrumentais no uso da LSE (Lingua de Signos Española), así coma de comunicación e intercambio de información entre as persoas oíntes e as persoas xordas. Esta actividade impartirase os xoves de 19.00 a 22.00 horas, ma Escola Obradoiro de Goián, cunha inscrición de 15 euros.

As inscricións poden facerse a través da páxina web do Concello:

FALADOIRO DE INGLÉS: http://tomino.gal/curso-faladoiro-de-ingles/

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CÓCTEIS SEN ALCOHOL: http://tomino.gal/obradoiro-de-cocteis-e-bebidas-sen-alcohol/

LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA: http://tomino.gal/curso-lingua-de-signos/

 

Por outra banda, a OMIX organiza tamén en setembro, unhas XORNADAS DE EMPREGO E INNOVACIÓN COLABORATIVA destinadas a persoas emprendedoras que desexen repensar o seu negocio e facelo máis competitivo mediante técnicas innovadoras, ou desempregados que precisen reciclarse para acceder ao mundo laboral por conta propia ou allea.

INSCRICIÓNS GRATUITAS E MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE: http://tomino.gal/xornadas-de-fomento-do-emprendemento/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones