Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Comezan esta semana as Rutas de Artes e Oficios, co fin de achegar á xente os artistas tomiñeses

O punto de encontro da primeira das visitas será a moblería -Muebles Costa- en A Costa 14, Tomiño, as 20:30 horas, dende o cal se partirá cara o taller de Liliya Pobornikova e Nando Álvarez

O punto de encontro da primeira das visitas será a moblería -Muebles Costa- en A Costa 14, Tomiño, as 20:30 horas, dende o cal se partirá cara o taller de Liliya Pobornikova e Nando Álvarez

Fecha: 12 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Este xoves, 12 de xullo, comezan as Rutas de Artes e Oficios 2018; unha das numerosas actividades de verán organizadas polo Concello de Tomiño dende a Aula-Museo Antonio Fernández de Goián.

Trátase dunha serie de visitas aos talleres de diferentes artistas asentados no concello, co fin de coñecer de primeira man as súas obras e os procesos de traballo, así coma os materiais que cada un utiliza nas súas creacións. A actividade é para todos os públicos e de balde, e so é preciso inscribirse na páxina do concello neste link:  http://tomino.gal/inscricion-de-actividades-de-arte-e-patrimonio/

A primeira visita, xoves 12 de xullo, será ao estudo de escultura e cerámica de Liliya Pobornikova e Nando Álvarez.

Liliya Pobornikova nace en 1979 en Bulgaria. Actualmente vive e traballa en Tomiño. Estuda na Escola Nacional de Artes en Sofía - Escultura en madeira.

Traballa con diferentes materiais, como: pedra, madeira, metal, cera, formigón, bronce, cerámica, xeo, neve - tamén na arte na natureza. As súas esculturas están representadas en coleccións públicas, entre as que destacan obras en museos de Taiwan, Dinamarca,  Eslovenia, Exipto, China e Brasil, así como en coleccións particulares.

Participa en 101 simposios de escultura en 31 países dende 2001 ata a actualidade. Austria, Arxentina, Bulgaria, Brasil, China,  Chipre, Dinamarca, Exipto, Francia, Alemaña, Guatemala, Italia, Xapón, Luxemburgo, Lituania, Letonia, México, Noruega, Paraguai, Portugal, Polonia, Rusia,  Eslovenia, Suecia, Suíza, España, Turquía, Taiwan, Tailandia e EE. UU.

Recibe premios polo seu traballo fotográfico en "Revista Destacados" e " National  Geographic  Magazine", e premios en diversos simposios e concursos.

www.pobornikova.com

 

Nando Álvarez, natural de Tomiño, nace en 1975. Cursa a licenciatura de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente un ciclo superior de Escultura na escola Mestre Mateo.

Traballa principalmente con mármore e granito, aínda que tamén con bronce e madeira. As súas obras acusan a influencia da natureza a través das formas e movementos  orgánicos.

A súa actividade expositiva comeza en 1996, en Tomiño, e a partir de aí, recorre diferentes cidades e países participando en mostras tanto colectivas como individuais.

Ao longo da súa carreira participa en máis de 80 obradoiros, concursos e simposios internacionais de máis de 20 países diferentes, entre os que se encontran China, Brasil, Turquía, Alemaña, Francia, México ou Estados Unidos.

A súa obra está representada en coleccións particulares e públicas ao longo do mundo.

www.nandoalvarez.com

A segunda saída será o 26 de xullo, ocasión na que o escultor tomiñés, Antúnez Pousa, abrirá as portas do seu estudo a todas as persoas que queiran coñecelo.

O xoves 9 de agosto, será Pilar Alonso (pintora) quen amose o seu traballo e, finalmente, o 30 do mesmo mes, Xuxo Vázquez, escultor afincado en Tomiño, revelará algúns secretos da súa forma de facer arte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí