Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Comunicado do Concello do Rosal ás declaracións da oposición sobre os orzamentos municipais

Estes orzamentos, aprobados para o exercicio 2025, son unha ferramenta fundamental para garantir o desenvolvemento sostible do municipio, a mellora dos servizos esenciais e a posta en marcha de proxectos que redundan no benestar da veciñanza rosaleira.

Estes orzamentos, aprobados para o exercicio 2025, son unha ferramenta fundamental para garantir o desenvolvemento sostible do municipio, a mellora dos servizos esenciais e a posta en marcha de proxectos que redundan no benestar da veciñanza rosaleira.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2024

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal quere trasladar á veciñanza unha resposta clara e transparente ante as recentes declaracións da oposición respecto aos orzamentos municipais. Estes orzamentos, aprobados para o exercicio 2025, son unha ferramenta fundamental para garantir o desenvolvemento sostible do municipio, a mellora dos servizos esenciais e a posta en marcha de proxectos que redundan no benestar da veciñanza rosaleira.

O Rosal medra e avanza grazas a unha xestión responsable

Nos últimos anos, o Concello do Rosal vén desenvolvendo unha xestión orzamentaria eficiente e responsable que permite non só manter o equilibrio financeiro esixido pola Lei de Estabilidade Orzamentaria, senón tamén incrementar a capacidade de investimento e gasto en proxectos e servizos prioritarios.

O orzamento municipal pasou de 3,1 millóns en 2019 a máis de 6 millóns previstos para o 2025 grazas á capacidade do Concello de xestión e de captación de subvencións doutras administracións para poñer en marcha no Rosal proxectos pioneiros que benefician directamente á veciñanza. Unhas iniciativas de calidade que repercutiron de forma directa na mellora e o avance do Rosal sen custe directo para as arcas municipais.

Nestes últimos cinco anos, o Goberno municipal conseguiu liderar o maior cambio do Rosal nos últimos 30 anos, unha transformación drástica do concello que permitiu desenvolver máis proxectos e iniciativas pioneiras cunhas contas saneadas. Con este traballo, O Rosal sitúase hoxe na vangarda da sostibilidade ambiental, como modelo de benestar para a veciñanza e como referente cultural, deportivo e de lecer. Trátanse ademais duns orzamentos iniciais, xa que ao longo do vindeiro ano se lle irán sumando as subvencións captadas.

Así, para a oposición os orzamentos de 2024 xa eran os peores da historia. Non obstante, leváronse a cabo proxectos de gran calado municipal como:

  • A reforma da escola unitaria de Tabagón para adaptala como nova sede do CRA María Zambrano.
  • A reforma da casa da escola unitaria de Fornelos e da escola das Eiras.
  • O cambio co alumeado público con criterios de eficiencia e aforro enerxético.
  • A reforma da cantina de Novás
  • As melloras en saneamento e abastecemento.
  • O incremento do apoio ás asociacións, colaborando en proxectos singulares como foi o concerto de Fillas de Cassandra.
  • A progresiva reforma das instalacións municipais.
  • Aumento do apoio económico ás traídas veciñais de auga.

Principais proxectos e investimentos incluídos nos orzamentos de 2025:

  • Incremento dun 25% no gasto social, cultural e deportivo: Consolidación e ampliación de programas dirixidos a todas as idades e fomento do dinamismo local.
  • Aforro dun 50% no consumo enerxético: Grazas á execución de proxectos de eficiencia enerxética nos últimos anos.
  • Aumento do 9% en benestar social: Máis horas de axuda no fogar, creación da Escola da Saúde e reforzo do programa Xantar na Casa.
  • Reforma de infraestruturas municipais: Como o pavillón municipal e o Campo de Fútbol da Mata, con criterios de accesibilidade e modernización enerxética.
  • Liderar a transición verde, poñendo en marcha a Oficina de Transformación Comunitaria coa creación de comunidades enerxéticas.
  • Impulso á recuperación patrimonial: A tráves do Obradoiro de Emprego que fomenta a formación en albanelería e carpintaría.
  • Mellora de camiños e servizos esenciais nos barrios.

Estes proxectos, financiados grazas a unha xestión eficaz e á captación de subvencións, son unha mostra clara do compromiso do Concello coa veciñanza, coa modernización do municipio e coa conservación do patrimonio local. Un incremento do orzamento que permite aumentar a capacidade de investimento e de gasto en servizos para un municipio que non para de crecer e que foi o segundo que máis medrou en poboación da provincia de Pontevedra nos últimos tres anos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.

A oposición ten demostrado unha vez a súa incapacidade para traballar e analizar os orzamentos presentados reclamando unha información comparativa que aparece reflectida claramente nos diferentes documentos e informes do orzamento. Acusar de falta de transparencia ao Concello solicitando unha información que lle foi facilitada indica descoñecemento ou falta de seriedade.

O equilibrio orzamentario está garantido

O Concello do Rosal quere lembrar que os orzamentos municipais cumpren escrupulosamente coa Lei de Estabilidade Orzamentaria e contan cos informes técnicos favorables. Os ingresos previstos para o vindeiro 2025 superan lixeiramente os gastos, garantindo o equilibrio orzamentario esixido pola lei. Ademais, os pequenos incrementos no gasto de persoal responden á aplicación da normativa laboral estatal e ás necesidades derivadas de proxectos extraordinarios como o Obradoiro de Emprego.

Actualización tributaria responsable

A actualización tributaria é unha medida necesaria e xustificada que permite ao Concello continuar asumindo servizos esenciais, como a axuda no fogar, na que as arcas municipais cobren case o 50% do custo total, a pesar de que a Xunta de Galicia debería facerse cargo do 100% do financiamento. Ademais, permite tamén, entre outros aspectos, acometer investimentos clave como a reforma das escolas unitarias, unha responsabilidade que a administración autonómica leva anos sen atender.

Un futuro ilusionante para O Rosal

O Concello do Rosal afronta o ano 2025 con ilusión e con proxectos que transforman o municipio e melloran a calidade de vida da veciñanza. A estabilidade orzamentaria e a capacidade de xestión permiten que o Concello continúe avanzando, liderando proxectos innovadores, impulsando a transición verde e consolidando un modelo de benestar social e dinamismo local.

O compromiso do goberno municipal é traballar para todas e todos, con responsabilidade e transparencia, sen entrar en confrontacións que non achegan nada positivo á veciñanza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí