Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado en relación ao alumeado do Nadal 2016 no Concello de Tomiño

Dende o goberno local tratamos de manter unha escoita activa das demandas,opinións, inquedanzas e suxestións que veciños e veciñas expresan nos diferentes canles de comunicación nos que o Concello ten presenza.

Dende o goberno local tratamos de manter unha escoita activa das demandas,opinións, inquedanzas e suxestións que veciños e veciñas expresan nos diferentes canles de comunicación nos que o Concello ten presenza.

Fecha: 14 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Dende o equipo de goberno do Concello de Tomiño emítese este comunicado, motivado polo malestar detectado nos últimos días, por diversas canles de comunicación cidadá, así como de algúns establecementos e entidades asociativas, en relación ao alumeado de Nadal.

Dende o goberno local tratamos de manter unha escoita activa das demandas,opinións, inquedanzas e suxestións que veciños e veciñas expresan nos diferentes canles de comunicación nos que o Concello ten presenza. No relativo ao alumeado de Nadal, informamos que os elementos decorativos de Nadal instalaránse, como ven sendo habitual nos últimos anos, o vindeiro venres día 16 de decembro.

Lamentamos o malestar que esta cuestión está a xerar, se ben é importante salientar que a instalación do alumeado do Nadal deste ano non presenta un retraso en relación aos anos anteriores, sempre na semana despois dos festivos de decembro. Non obstante, e en base ao malestar detectado, valorarase para anos vindeiros adiantar a súa instalación.

Dende o Concello de Tomiño somos conscientes da importancia do alumeado do Nadal, para o desfrute dunha época tan importante do ano por parte dos máis pequenos, e tamén como elemento dinamizador da actividade ligada ao comercio local.

A instalación do alumeado de Nadal supón un gasto considerable para o Concello e consideramos importante sinalar que, se ben dende o equipo de goberno se valora a relevancia destes elementos decorativos, cremos que non é, ou non debería ser o máis importante nestas datas, nas que no noso municipio moitas persoas e familias teñen dificultades para facer fronte aos gastos relacionados coas tradicións do Nadal, por estar atravesando unha situación de dificultade económica.

Axudar ás persoas de Tomiño, e en especial a aquelas que máis o necesitan, foi e seguirá sendo a prioridade deste equipo de goberno, que dende fai anos promove e inviste para asegurarse de que no Nadal en Tomiño, ningunha nena ni ningun neno, quede sen recibir un agasallo.

Así mesmo, dende a Concellería de Cultura organizouse e publicouse, como en anos anteriores, unha completa programación de actividades de Nadal, con xogos, teatro, música e maxia, que esperamos que supoña unha oportunidade de vivir un Nadal especial, pasar bos momentos coa familia e as amizades, e gozar do noso concello.

Aproveitamos a ocasión para facer chegar a todas as persoas veciñas de Tomiño unhas moi felices festas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones