Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

COMUNICADO OFICIAL DA EMPRESA VIVEIROS RIO TOLLO, S.L. RESPECTO ÓS COMENTARIOS QUE CIRCULAN NAS REDES SOCIAIS

En relación cos supostos comentarios e acusacións publicadas nas redes sociais locais, os cales provocan serios danos á imaxen e prestixio desta empresa

En relación cos supostos comentarios e acusacións publicadas nas redes sociais locais, os cales provocan serios danos á imaxen e prestixio desta empresa

Fecha: 24 de Abril de 2015

Fuente: Viveiros Tollo

D. Jose Collazo Alonso, Xerente da empresa Viveiros Rio Tollo, S.L. con sede social no Barrio de Tollo, 47, Goián, Tomiño, Pontevedra
En relación cos supostos comentarios e acusacións publicadas nas redes sociais locais, os cales provocan serios danos á imaxen e prestixio desta empresa, queremos facer as seguintes declaracións:

1.- As obras que se están a realizar na Zona da Veiga de Tollo contan con todolos permisos necesarios legais. Tódalas xestións administrativas cas Administracións competentes foron feitas. En todo momento a empresa obra de forma fiel e transparente ante calquera petición de información.
2.- A calificación actual do terréo, "solo rústico de protección agropecuaria", permite o acondicionamiento e mellora de parcelas para a posta en cultivo e valorización de terras agrarias. Os terréos afectados NON están dentro da zona de afección da Rede Natura ou de Espacios Naturais Protexidos, como así foi certificado por inspeccións de responsables de Medio Ambiente.
3.- O material que se está usando procede de planta autorizada dun Xestor de Residuos Industriales. O material usado, despois de triturado, nivelado e compactado, presenta unhas características de drenaxe idóneas para a producción de planta ornamental de calidade, así como o uso de maquinaria agrícola específica sen risco. Posteriormente a toda a parcela, instalaráselle un film plástico aislante e unha malla antiherbas, co fin de separar e evitar o contacto da planta directa (véxase parcela colindante da dereita).
4.- A empresa dispón de medios suficientes (técnicos e humanos) para vixilar, controlar e retirar no seu caso algún material non permitido que puidera aparecer (plásticos, ferros, etc.), os cales son almacenados e depositados nun contenedor habilitado e devolto novamente á planta para o seu convinte procesado.
5.- A empresa Xestora de Residuos posee unha trituradora de última xeración procedente de Alemania, e que foi estreada nesta obra, que permite separar e triturar os materiais en función do seu tamaño, apartando outros como o ferro. O material resultante é unha zahorra media-fina moi drenante.
6.- De todo esto aquí afirmado anteriormente confirmo que temos documentación oficial para acreditar e documentar esta declaración.

Para rematar, un dos pilares da nosa empresa é a Xestión Empresarial Responsabel co entorno, persoas e en todo o que facemos. A nosa traxectoria dos últimos 16 anos aválanos.
Xeramos unha media de 48 postos de traballos directos e outros 20 indirectos anualmente. Estamos presentes en mercados internacionais moi esixentes. Temos Certificacións e Auditorías de Calidade, de Boas Prácticas, Medioambientais, e en todas obtemos as mellores calificacións. En todo momento, repito, obramos sempre con plena transparencia e profesionalidade. Proba disto este comunicado transparente e directo en defensa dos nosos intereses.
Por todo o exposto,
SOLICITAMOS:
Ós administradores destas páxinas, paralicen estes comentarios e acusacións infundadas, póndonos á súa disposición para aclarar e debatir todo o que xenere preocupación por parte dos veciños, xa que, Viveiros Rio Tollo,S.L., apoia desde os seus principios, o máximo respeto polo Medio Ambiente, polas personas, pola libertade de opinión. Sexan conscientes da realidade actual e do difícil que é levar unha empresa adiante, garantímoslles e comprometémonos a que a zona da Veiga de Tollo quedará perfectamente acondicionada e será un orgullo para o pobo ter unha empresa punteira internacional que xenera postos de traballo e pon en valor o medio rural, que leva a Marca "Goian" por toda Europa.
E para que así conste e surto os efectos oportunos, atentamente, Jose Collazo (Xerente)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones