Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Comunidades de augas tomiñesas reciben e comparten a súa experiencia con traídas doutras comarcas pontevedresas

Coxapo, asociación sen ánimo de lucro nacida en 2006 na parroquia de Estás (Tomiño), aglutina na actualidade a máis de 68.000 socios

Coxapo, asociación sen ánimo de lucro nacida en 2006 na parroquia de Estás (Tomiño), aglutina na actualidade a máis de 68.000 socios

Fecha: 09 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A "Comunidade Xeral de Augas de Galicia" COXAPO GALICIA, que na actualidade aglutina a unha parte importante das traídas galegas, en especial, na provincia de Pontevedra, cun total de máis de 68.000 socios, recibiu esta fin de semana a visita dun grupo de traídas de Ponte Caldelas, nunha excursión didáctica, a través da cal, as comunidades tomiñesas expuxeron o seu modelo de traballo e compartiron a súa experiencia.

Asemade, os concelleiros de Medio Ambiente e Obras, María Xosé Vázquez e Francisco Campo, participaron na actividade, explicando a primeira, a forma de traballar entre o Concello e as traídas de augas, e guiando aos visitantes o segundo, polas traídas de Sobrada e Torrón.

Coxapo, asociación sen ánimo de lucro nacida en 2006 na parroquia tomiñesa de Estás (Tomiño), agradeceu a labor do Concello de Tomiño, demais institucións e directivas das comunidades de augas, que "fan posibles estas visitas didácticas que producen sempre unha mellora na calidade de vida de veciños e veciñas, cos que estamos orgullosos de compartir as nosas experiencias".

A asociación traballa xunto ao Concello pola defensa da auga de consumo no rural, tentando impedir que aquela se converta nun ben de negocio para algunhas empresas. "Traballamos para conseguir representación nas Conferencias Hidrográficas e Organismos de Cuenca respectivos, así como, en Augas de Galicia; abaratar os custos en analíticas, tramitacións, defensa xurídica, e defender as concesións outorgadas, e conseguir as renovacións das mesmas", explican desde Coxapo Galicia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí