Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunidades de montes do Rosal inscriben no Rexistro de Absorcións de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica os primeiros proxectos da comarca do Baixo Miño

Esta inscrición permitirá captar fondos daquelas empresas que queiran compensar a súa pegada de carbono coas absorcións producidas nas máis de 250 hectáreas restauradas

Esta inscrición permitirá captar fondos daquelas empresas que queiran compensar a súa pegada de carbono coas absorcións producidas nas máis de 250 hectáreas restauradas

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2021

Fuente: AFG

As comunidades de montes de Santa Mariña do Rosal e de Tabagón, ambas do municipio do Rosal, veñen de recuperar máis 250 hectáreas de monte en distintos proxectos de restauración de parte da superficie que se viu afectada polos incendios forestais acontecidos no ano 2013. Nun daqueles lumes, por exemplo, viuse afectada a práctica totalidade da superficie do Monte Veciñal de Santa Mariña, que conta cun total de 1.555 hectáreas.

 

Pese á dimensión das perdas e do impacto sobre o medioambiente, ambas comunidades de montes apostaron dende o primeiro momento pola restauración ambiental das zonas afectadas, traballos que, no caso da comunidade de montes de Santa Mariña, deberán prolongarse polo menos cinco anos máis, dada a entidade dos danos sufridos.

 

Os traballos xa realizados en ambas comunidades consistiron fundamentalmente na rexeneración natural de masas de piñeiro do país, abrindo rúas e seleccionando os pés nas filas de árbores creadas. Tanto o mato como os restos dos traballos silvícolas trituráronse a fin de reducir a biomasa e protexer ás novas masas de posibles lumes. A próxima actuación prevista será a poda baixa dos novos piñeiros.

 

En Santa Mariña do Rosal, restauráronse arredor de 234 hectáreas, gran parte delas mediante rexenerado natural de piñeiro do país, se ben tamén houbo unha superficie de 8 hectáreas que se plantou con piñeiro con mellora xenética e en 3,8 hectáreas fixéronse traballos para fomentar a rexeneración natural das frondosas autóctonas presentes.

 

En San Miguel de Tabagón, levouse a cabo un rexenerado de 20,5 hectáreas de piñeiro do país, tanto con traballos mecanizados como con accións manuais naquelas zonas que non se podían mecanizar.

 

 

 

 

Inscripción no Rexistro de Absorcións de CO2

Tralos traballos, ambas comunidades procederon á inscrición dos proxectos de restauración no Rexistro de Absorcións de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica. Esta inscrición permitiralles recibir fondos daquelas empresas interesadas en compensar a súa pegada de carbono, pois está previsto que as superficies plantadas capten en torno a 75.000 toneladas de CO2 durante o período no que as comunidades se comprometeron a manter as masas arboradas en pé, que oscila entre os 30 e os 40 anos.

 

Os fondos que se capten serán destinados de xeito íntegro ao mantemento do monte e aos traballos silvícolas necesarios (rozas, podas, rareos) para acadar o obxectivo de que esas masas forestais cheguen a adultas, contribuíndo así á restauración ambiental desas zonas degradadas.

 

Colaboración da Asociación Forestal de Galicia

Os proxectos de restauración promovidos polas dúas comunidades de montes do Rosal contaron co apoio e coordinación da Asociación Forestal de Galicia, e están incluídos dentro do plan de restauración de superficies degradadas que esta entidade está a desenvolver a nivel autonómico.

 

O obxectivo principal deste plan, que se realiza simultaneamente nas catro provincias galegas, é o de captar financiamento daquelas empresas que estean interesadas en compensar de xeito voluntario a súa pegada de CO2. Con eses fondos preténdese acelerar o proceso de recuperación dos montes que fosen afectados polos incendios forestais nos últimos anos, ou ben promover a reforestación daquelas superficies que se atopan rasas dende fai máis de 30 anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí