Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Con 11 concelleiros, o novo goberno de Tomiño promete un Concello transparente e aberto

Participación de todos os habitantes, incluso da poboación infantil; igualdade, respecto polo medio, seguridade e accesibilidade, serán algúns dos eixos transversais do novo goberno

O benestar das persoas, unha administración cercana e a valorización dos sectores produtivos, serán tamén obxectivos prioritarios

Fecha: 17 de Junio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O novo equipo de goberno de Tomiño, formado por 11 concelleiros do BNG (Bloque Nacionalista Galego), o que representa o 60% dos votos, prometeu na súa sesión de investidura, celebrada este mediodía nun salón de plenos abarrotado, un Concello aberto, transparente e dialogante, en disposición de mellora constante, atento aos veciños e veciñas, pero tamén coa vista no futuro.

A alcaldesa Sandra González Álvarez, asumiu o seu cuarto mandato dando as grazas aos seus compañeiros de traballo; aos novos e aos que xa non están; á veciñanza que a votou e, moi especialmente, aos membros da súa familia, que a apoian de forma incondicional.

A rexedora prometeu seguir traballando para "converter a Tomiño en referente de novas e modernas políticas, no contexto da nosa comarca e tamén da recente Eurocidade Cerveira-Tomiño, que abre un abano de posibilidades de colaboracións cos nosos irmáns portugueses".

Asemade, González, asegurou facer un goberno de continuidade pero non continuista; "un Concello no que os nenos e nenas opinen na toma de decisións; un Concello máis igualitario e respectuoso co medio; un Concello para as persoas que garanta a mobilidade segura da cidadanía e a accesibilidade de maiores e persoas con discapacidade".

Ademais, a alcaldesa a adiantou o desexo de seguir traballando para valorizar os sectores produtivos do concello, !e que explore vías alternativas tamén para novos investimentos que xeren emprego e riqueza. "Tomiño quere ser un referente no Sur de Galiza, un bo lugar para vivir; un concello do que sentirse orgulloso/a, porque cando hai proxecto claro e apoio do pobo, non hai ninguén que pare eses ansíeos de mellorar as cousas", explicou González en referencia á transformación de Tomiño levada a cabo nos últimos anos.

Por último, a rexedora prometeu seguir traballando "polo benestar das persoas, poñéndoas no centro da política local; un Concello que colabora cas familias e persoas con dificultades; un Concello amable e con corazón para as persoas que máis o necesitan".

O resto da corporación o integran catro concelleiros/as do PP e dúas do PSdG-PSOE, que tamén xuraron os seus cargos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones