Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CON FRANCÉS NIVEL AVANZADO, VISIBILIDADE DAS ASOCIACIÓNS, TEMPO LIBRE E CULTIVOS ECOLÓXICOS, CONTINÚA A PROGRAMACIÓN FORMATIVA DO CONCELLO DE TOMIÑO

En todos os cursos ten preferencia a mocidade tomiñesa, pero se quedan prazas, poden inscribirse persoas maiores de 30 ou doutros concellos

En todos os cursos ten preferencia a mocidade tomiñesa, pero se quedan prazas, poden inscribirse persoas maiores de 30 ou doutros concellos

Fecha: 19 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A programación anual de cursos para a mocidade tomiñesa continúa a bo ritmo. Hai unhas semanas comezaban os módulos de Cultivos Ecolóxicos e Monitor/a de tempo libre, e nestes días póñense en marcha outros dous: Francés Nivel Avanzado e Xestión Económica para Asociacións.

O de cultivos ecolóxicos ten unha duración de 40 horas, nas que se imparten os coñecementos para iniciarse neste tipo de agricultura dunha forma sostible e saudable. Os participantes aprenden a acondicionar o espazo, a terra de cultivo, organizar a plantación e estratexias para previr as pragas e enfermidades. As clases teñen lugar ata finais de maio, os martes e xoves en horario de 16.00 a 20.00 horas.

No caso de Monitor de Tempo Libre, as clases esténdense dende abril ata finais de xuño, cunha duración total de 300 horas.

Por outra banda, comeza nestes días un curso de Francés Nivel III, no que se amplían as competencias comunicativas das persoas que xa teñen coñecementos da lingua gala. Este módulo ten unha duración total de 24 horas impartidas mércores e venres, de 20 a 22 horas.

Por último, o Concello organiza un curso básico de Xestión económica para asociacións, en dúas quendas, co fin de dar resposta á necesidade das directivas de entidades culturais, deportivas, etc. que teñen dificultades á hora de xestionar as mesmas dende o punto de vista económico.

Seguidamente, comezará outro módulo tamén dirixido a asociacións, para esta vez impartir técnicas para dar a coñecer as actividades que organizan e ao mesmo tempo, mellorar a imaxe do tecido asociativo, fomentando unha maior participación da poboación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones