Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concello e Deputación asinan o convenio que impulsa a transformación da Praza do Calvario

A administración provincial financia a través do Plan ReacPon o 34% do custo desta ambiciosa actuación de máis de 1,5 millóns de euros

A administración provincial financia a través do Plan ReacPon o 34% do custo desta ambiciosa actuación de máis de 1,5 millóns de euros

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

A transformación da Praza do Calvario para convertela nun espazo amable para as persoas, cun marcado carácter peonil e accesible xa está dando os seus primeiros pasos, unha ambiciosa actuación que será unha realidade grazas ao Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, asinaron este martes en Pontevedra o convenio para levar a cabo a reforma integral da praza, que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros, dos que a Deputación achegará case 518.000 euros e o Concello máis dun millón de euros para o que xa se presentou a fondos europeos do Next Generation a través do IDAE. A intervención permitirá dotar de identidade á Praza do Calvario, poñendo en valor os elementos patrimoniais da contorna e xerar espazos públicos de alta calidade para a veciñanza.

A rexedora agradeceu á Deputación a posta en marcha do ReacPon, un plan que “aposta pola reactivación económica a través de políticas expansivas” do que destacou que “é un apoio fundamental para poder facer realidade de xeito sostible un proxecto tan transformador como é a recuperación e  transformación da praza do Calvario, mellorando e cambiando o modelo para poñer ás persoas no centro da política e da xestión, recuperando e democratizando o espazo público e revalorizando a  nosa contorna patrimonial”.  “É un exemplo e é un orgullo poder dicir que hai administracións como a Deputación que contribúen e facilitan aos concellos empoderarse e transformar a realidade dende a proximidade. Temos poucos recursos pero moita vontade”, recordou Fernández Callís.

Pola súa banda, a presidenta Carmela Silva destacou que “este interesante e potente proxecto vai supoñer un antes e un despois para O Rosal”, nunha contorna situada no centro da vila que conta con “grandes valores patrimoniais”. “Trátase de moito máis que reformar e rehabilitar, xa que falamos de poñer en valor un lugar central da vila creando un espazo amable, de convivencia, máis democrático, onde acontezan cousas, onde a xente se relacione e poida haber cultura, deporte e outras manifestacións humanas”. Tamén asegurou que coa reforma da praza “imos conseguir que a xente do Rosal viva mellor, sexa máis feliz e teñan máis oportunidades de convivencia”, xa que se “recupera espazo para a veciñanza, cambiando o modelo onde os vehículos deixan de ser protagonistas e as persoas se converten no centro”.

O proxecto

A praza do Calvario é o centro social e administrativo do concello do Rosal que funciona, na actualidade, como “rotonda-aparcadoiro”. Con esta actuación, que empregará materiais construtivos que preserven e potencien o seu carácter patrimonial e arquitectónico, vaise transformar por completo, reforzando este espazo como centro de convivencia da veciñanza e punto de revitalización urbana e comercial a través dun deseño de praza unitario, atractivo, flexible, novo e dinámico que pon en valor a historia da vila e o seu patrimonio.

A renovada praza integrará varios ámbitos destinados ao concello, a Igrexa, o mercado, a Cámara Agraria ou as terrazas que estarán interrelacionados por un espazo central, con zonas verdes.  Destacan, por exemplo, a zona da contorna do mercado, que regresará ás súas orixes plantando árbores de gran porte que van recordar ás sobreiras que aí había a principios do século XX; ou a da zona central, preto do concello, onde se proxecta un elemento elevado, a modo de escenario, que servirá para reinterpretar o templete de música que tiña a praza nos anos 20 e que foi derribado. Amais, este elemento elevado farase en ladrillo artesán en recordo ao oficio, hoxe desaparecido, dos “cabaqueiros”, que eran produtores de tellas e ladrillos cerámicos que traballaban na zona.

O proxecto contempla tamén a reordenación do tráfico na contorna; a eliminación das prazas de aparcadoiro e a creación dun novo próximo ao cemiterio; a creación dunha barreira visual vexetal na esquina norte da praza para tapar as traseiras de edificios; a renovación das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións e eléctricas; a instalación de iluminación eficiente e nova sinalización; e a colocación de mobiliario urbano e de novos elementos vexetais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí