Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira

Serán seleccionadas tres propostas que recibirán unha prima de participación de 9.000 euros cada unha

Serán seleccionadas tres propostas que recibirán unha prima de participación de 9.000 euros cada unha

Fecha: 25 de Agosto de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Desde mañá, 25 de agosto, e ata o vindeiro 23 de outubro permanecerá aberto o prazo para participar no concurso de ideas para a selección de tres propostas para a construción dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o río Miño. Así o estipula o anuncio publicado hoxe no BOPPO e co que se dá continuidade ao traballo iniciado entre Deputación de Pontevedra, Concello de Tomiño e Cámara de Vila Nova da Cerveira coa sinatura dun protocolo de colaboración no mes de xullo do pasado ano, no que se establecía que lle correspondía ao ente provincial a convocatoria deste concurso de ideas.

Segundo as bases publicadas, o obxecto do concurso é seleccionar, con intervención de xurado, as tres mellores propostas de estudo técnico para a futura construción dunha ponte internacional para peóns e bicicletas sobre o río Miño, entre os parques Espazo Fortaleza, en Goián-Tomiño, e o Castelinho, en Vila Nova da Cerveira. Cada unha das propostas gañadoras recibirá unha prima de participación de 9.000 euros. Posteriormente, as tres propostas gañadoras serán convidadas a participar na segunda fase, que consistirá nun procedemento negociado sen publicidade para a contratación do servizo de redacción do anteproxecto da ponte.

Poderán concorrer a esta convocatoria as empresas e profesionais, individualmente ou en equipo e coa habilitación empresarial e profesional requirida nas bases. Debido á complexidade e importancia do proxecto, esíxenselle uns requisitos mínimos de solvencia para garantir a viabilidade e o éxito das propostas e que os concursantes teñan un amplo de grao de coñecemento, capacitación e unha traxectoria profesional no campo do deseño estrutural e no desenvolvemento de pontes ou pasarelas singulares. Ademais todos os traballos deberán presentarse baixo lema para garantir o anonimato das propostas ata o fallo do xurado.

Entre os criterios de valoración destaca a calidade formal da proposta, na que se terá en conta a súa orixinalidade e calidade plástica, atendendo á premisa de que a ponte peonil constitúa un novo referente na paisaxe e que ao mesmo tempo sexa representativa da irmandade entre os pobos das dúas beiras do río.

Outros criterios a ter en conta son a adecuación funcional, relativa a aspectos como a minimización das afeccións ás condicións de navegabilidade do río e a integración nas redes viarias e espazos públicos de ambas bandas do río; a integración ambiental, que debe atender ao respecto e integración paisaxística e natural de ribeira, e aos elementos patrinominais e históricos da contorna; e tamén a viabilidade técnica e construtiva da solución proposta. Outro criterio fundamental será a viabilidade económica da solución proposta, que non debe superar os 3.400.000 euros.

Este concurso de ideas enmárcase no proxecto europeo "Visit Rio Miño" que ten como obxectivo xeral a capitalización da marca "Rio Minho" a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos asociados á promoción do Río Miño como destino eco turístico. Dentro deste proxecto contémplase a acción denominada ‘Centro de actractividade de fluxos transfronteirizos: Parque Transfroiteirizo Castelinho-Fortaleza, para ser executada entre a Cámara de Vilanova de Cerveira e a Deputación de Pontevedra". Unha acción que comezara a perfilarse no pasado ano, coa sinatura do protocolo de colaboración entre Deputación, Concello de Tomiño e Cámara de Vila Nova de Cerveira, co obxectivo de iniciar os trámites para a futura construción da que será a primeira ponte peonil entre as beiras portuguesa e pontevedresa do Miño. Tal e como xa se anunciara naquel momento, esta ponte permitirá unir as áreas recreativas dos dous países creando un parque transfronteirizo de xestión común cunha superficie de 100.000 metros cadrados, ademais de permitir a comunicación directa entre os dous núcleos urbanos, Goián-Tomiño e Vila Nova de Cerveira, incrementado as relacións sociais, culturais e comerciais existentes historicamente. Tamén permitirá nun futuro o acceso de veciños e veciñas de Tomiño e de O Rosal á comunicación metropolitana e eurorrexional por ferrocarril desde a estación de Vila Nova de Cerveira á liña ferroviaria Porto-Vigo, actualmente en proceso de modernización.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones