Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conde avalía coa Mesa do Autónomo as medidas da nova Estratexia 2020 da Xunta para mellorar as condicións do sector

Puxo en valor o Bono de ata 3.000 euros para a consolidación da actividade e mellora da competitividade e a posta en marcha da Oficina do Autónomo

Indicou que Galicia é a Comunidade con máis autónomos de España, cun emprego autónomo máis estable que na media de España e a que máis apoios públicos presta

Fecha: 16 de Febrero de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na III Mesa do Autónomo, na que están representadas as principais asociacións do sector, para avaliar e consensuar as medidas da Estratexia Autónomo 2020 coa que o Goberno galego pretende mellorar as condicións destes traballadores e que Galicia sexa un lugar axeitado para emprender.

Conde destacou o diálogo fluído que a Xunta mantén co sector e apelou a seguir xuntos da man deseñando ferramentas para seguir fortalecéndoo. Explicou que o obxectivo da Mesa do Autónomo é dar resposta ao sector "nun novo ciclo económico que necesita respostas concretas para consolidar o crecemento e crear emprego estable".

O titular de Economía explicou que a planificación, dotada con 40 millóns de euros ao ano para apoiar a 10.000 traballadores cada exercicio, busca coas 20 medidas que contén a incorporación de novas persoas ao sector facilitándolles mellores condicións e simplificando e axilizando a tramitación. Engadiu que o orzamento aumenta con respecto á pasada lexislatura nun 45%.






Entre as medidas innovadoras da Estratexia puxo en valor a ampliación a 12 meses máis da tarifa plana de 50 euros do Estado, cun investimento de 4 millóns, e a mellora da conciliación por maternidade ou paternidade aumentando 16 semanas máis a bonificación do 100% da cota da Seguridade Social da persoa contratada, cun orzamento de 2 millóns. Así mesmo, salientou a creación do Bono Autónomo de ata 3.000 euros para a consolidación da actividade e o programa de relevo xeracional de cara a asegurar a continuidade de negocios solventes e favorecer a integración de persoas mozas no emprego autónomo.

Sinalou, así mesmo, a posta en marcha do Bono do Autónomo de ata 3.000 euros para a consolidación da actividade para investir en servizos de mellora competitiva. Este bono está dirixido a autónomos cunha facturación inferior a 30.000 euros. Tamén explicou que a Oficina do Autónomo actuará como xanela única de asesoramento e consulta de acceso telemático, onde os traballadores disporán de toda a información sobre as axudas e procedementos administrativos que sexan do seu interese. Esta oficina contará co apoio e colaboración da Rede de Técnicos de Emprego da Xunta que dará resposta aos autónomos que soliciten axuda e asesoramento.

Así mesmo, lembrou que o Goberno galego activou esta Estratexia con 20 millóns de euros para axudas ao establecemento como autónomo e para a contratación indefinida e indicou que en todos os programas as contías base incrementaranse nun 25% para as mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, unidades familiares na que todos os seus membros están en paro e no caso de que o centro de traballo estea nun concello rural.

A Xunta quere con esta folla de ruta chegar en 2020 ás 20.000 persoas beneficiarias da tarifa plana; acadar os 6.000 beneficiarios da axuda á conciliación; incorporar 14.000 novas persoas ao emprego autónomo, delas 1.600 mozos; incrementar en 1.5000 os autónomos asalariados; formar a 4.000 traballadores; e que 4.000 persoas utilicen o Bono.

Conde indicou que a Xunta pretende, en definitiva, seguir impulsando o diálogo co sector e fortalecelo. Galicia é na actualidade a comunidade con máis autónomos de España (1 de cada 4), cun emprego autónomo máis estable que na media de España, estando por riba nas iniciativas de máis de 1 ano, e a que máis apoios públicos presta. "Queremos crear o clima axeitado para que os autónomos conten co acompañamento da Xunta na súa actividade", rematou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones