Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa a programación de Nadal en Tomiño

A programación de Nadal complétase con contacontos, obradoiros, teatro e inchables.

Para participar nalgunha das actividades é necesaria inscrición previa a través da web

Fecha: 28 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño


Actividades para toda a familia
Xa en plenas vacacións escolares, a programación de Nadal continuará o 26, 27 e 28 de decembro con obradoiros e contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos no Mercado Municipal de Tomiño. Así, de 17.00 a 19.00 h, o día 26 as actividades xirarán arredor de ‘Os ratiños de Nadal', o día 27 de ‘Un agasallo para Lulú' e o día 28 de ‘A árbore de Bea'. Para todas estas actividades, que se realizarán a cargo de Migallas Teatro, é necesaria inscrición previa.

O día 29 de decembro o Mercado de Tomiño tamén acollerá o ‘Cantacontos' de Migallas Teatro, un espectáculo para público familiar no que contos tradicionais e de creación propia son arrequentados con cancións, músicas ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Historias próximos aos máis cativos e cativas, que participarán dun xeito activo no desenlace da historia. Será ás 17.00 horas e de balde.

O domingo 30 os protagonistas serán ‘Os tres porquiños', de Educateatro Producións, teatro para nenos e nenas a partir de 2 anos no Auditorio de Goián (18.00 h). Da man dun explorador afeccionado os cativos e cativas irán percorrendo o bosque na procura dos porquiños e coñecerán todas aquelas cousas que lles gustan. O prezo da entrada será de 3 euros para persoas adultas e de balde para nenos e nenas e a venda de entrada abrirase unha hora antes do espectáculo no propio despacho de billetes.

A primeira semana de 2019 aterrará en Tomiño con moita maxia e cor cos inchables e obradoiros para cativos e cativas a partir de 3 anos que se realizarán nunha carpa habilitada na Praza do Seixo. As actividades desenvolveranse de 16.00 a 20.00 horas de balde, aínda que para os obradoiro é necesario facer inscrición previa a través da web do Concello de Tomiño.

O fin de festa será a Cabalgata de Reis o venres 5, que sairá dende o Campo do Alivia as 16.30 horas e que fará o seu tradicional percorrido ata a Praza do Seixo, onde os nenos e nenas de Tomiño serán recibidos polas súas Maxestades os Reis Magos e onde haberá un sorteo de varios agasallos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones