Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Continúan as actividades de Nadal en Tomiño coa Praza do Seixo coma punto de encontro

A programación continúa os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa actividade Nadal na Praza

A programación continúa os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa actividade Nadal na Praza

Fecha: 04 de Enero de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Dentro da programación de Nadal organizada polo Concello, na tarde do venres o mercado municipal acolleu, de 17.00 a 18.00 horas, o espectáculo do meigo Zanas "Máis que maxia"; unha proposta renovada, adicada especialmente á maxia "de cerca", segundo as palabras do artista tomiñés. A función comezou ás cinco, no primeiro andar.

Na tarde do pasado xoves foi o turno de Migallas Teatro, co obradoiro infantil "Unha coroa para os reis magos", no que houbo contacontos, representacións, manualidades, pintura...Asistiron máis de 30 nenos e nenas, moitos acompañados polos seus pais e nais.

A programación continúa os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa actividade "Nadal na Praza". Entre as 16.00 e as 20.00 horas, a Praza do Seixo encherase de xogos, obradoiros, inchables, coa protección dunha carpa.

A Cabalgata de Reis será o xoves 5, con saída dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas e percorrido até a Praza do Seixo. Nela terá lugar a recepción dos nenos e nenas por parte dos Reis; entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patins, drons, etc.

O sábado 7 de xaneiro, a programación continúa con "O mundo máxico de Pinocho". A función, a cargo de Educa Teatro, será no Auditorio de Goián, ás 18.00 horas, con entrada de balde para nenos e nenas e de 3 euros para adultos.

Pechará o programa outra obra de teatro infantil-musical, "Vaioviravai - As andanzas de Paio". Tamén no auditorio, ás 18.00 horas. Coma na anterior actividade, a entrada será de balde para nenos e nenas e de 3 euros para as persoas adultas.

Cristina Martínez, concelleira de Cultura, informa que este Nadal terá coma mascota, un teixugo, un animaliño habitante dos nosos bosques que destaca polo seu tesón e perseveranza e que é símbolo da unión coa terra e a chegada do Nadal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí