Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúan as votacións para elixir os proxectos do II Orzamento Participativo Transfronteirizo

A cidadanía de Tomiño e Cerveira ten ata o 20 de febreiro para escoller que actividades desenvolver de forma conxunta ao longo de 2018

A cidadanía de Tomiño e Cerveira ten ata o 20 de febreiro para escoller que actividades desenvolver de forma conxunta ao longo de 2018

Fecha: 01 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A cidadanía que non participou na elección de actividades do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) para desenvolver de forma conxunta entre Tomiño e Cerveira aínda está a tempo. Ata o vindeiro 20 de febreiro, os veciños e veciñas destas dúas localidades poderán escoller mediante votación telemática os proxectos de cooperación que se realizarán ao longo de 2018 ao acubillo da segunda edición desta iniciativa, pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e que busca implicar á poboación de ambos os dous concellos na procura de solucións para necesidades comúns. O OPT está incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Oito proxectos a escoller

Nesta ocasión, a cidadanía de Cerveira e Tomiño terá que escoller entre oito proxectos de cooperación propostos por 12 entidades e dous cidadáns de ambos os dous concellos, cada unha correspondente a unha destas tres categorías: Educación e Cultura, Deporte e Lecer e Territorio e Medio Ambiente.

Entre os proxectos presentados para esta segunda edición está a organización de actividades artísticas dirixidas á poboación escolar de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño ou un intercambio musical transfronteirizo entre a Escola de Música de Goián e a Academia de Música Fernandes Fâo.

No ámbito deportivo a cidadanía terá que escoller entre a creación dunha pista en terra batida para a práctica e o fomento do BTT&Traill Running a ambos dous lados do Miño ou o fomento de deportes náuticos entre mozos e mozas en risco de exclusión social.

Outras dos proxectos a elixir é ‘Felices nas compras', un programa co que abordar os problemas que poidan xurdir aos consumidores á a nivel de comercio transfronteirizo, ou ‘Sabores da Aldea e Sons das Treboadas Transfronteirizas', pensado para promover o intercambio cultural e turístico dos concellos de Tomiño e Cerveira divulgando e preservando a riqueza gastronómica, musical, etnográfica e artesanal.

Os veciños e veciñas de ambos os dous municipios tamén poderán escoller entre un proxecto para a creación dunha aplicación para dispositivos móbiles para fomentar o turismo accesible e atraer a visitantes con mobilidade reducida ou a posta en marcha das xornadas ‘Accesibilidade para todos', coas que se pretende facer un estudo dos problemas de accesibilidade en Tomiño e Cerveira.

Votación

O proceso de votación é sinxelo. Os interesados e interesadas deberán entrar na páxina web www.participacerveiratomino.eu e rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI, premer en ‘Participa', seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do centro electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguro posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones