Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Converter O Rosal nun referente na música, o seguinte obxectivo do Concello e a Agrupación Musical

Ao abeiro do programa -A veciñanza conta-, alcaldesa e agrupación analizaron o traballo realizado durante a pandemia e as iniciativas pioneiras postas en marcha

Ao abeiro do programa -A veciñanza conta-, alcaldesa e agrupación analizaron o traballo realizado durante a pandemia e as iniciativas pioneiras postas en marcha

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal prosegue a rolda de contactos coas asociacións ao abeiro do programa "A veciñanza conta". A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, acompañada dos concelleiros de Cultura e de Participación Veciñal, Carlos Villanueva e Ramón Fernández Leal, mantiveron un encontro coa directiva da Agrupación Musical do Rosal no que analizaron os dous últimos anos de actividade, coa crise sanitaria en pleno auxe.

O balance non pode ser máis positivo. Durante a pandemia Agrupación e Concello traballamos man a man non só para que a Escola de Música continuara coa súa actividade ou levar a cultura aos barrios, senón que fomos quen de adaptarnos ás circunstancias e mesmo xerar novas iniciativas”, lembrou a rexedora. Neste sentido, o concello reconverteu a planta baixa do auditorio municipal nun escenario de máis de 12 metros cadrados para que a agrupación puidera continuar coa súa actividade priorizando a saúde.

Outro exemplo de adaptación e superación é a creación de novos formatos como o festival O Rosal Cámara Fest, un novo xeito de entender a música e dos espazos nos que se desfruta. A alcaldesa recalcou que o obxectivo é que o festival se converta nun referente a nivel musical e poña en valor a calidade de música do municipio. Queremos que O Rosal sexa un lugar ao que a veciñanza e a xente de fóra se achegue para gozar de música de calidade que temos no noso municipio en espazos innovadores”,  indicou Fernández Callís.

Concello e Agrupación Musical do Rosal abordaron tamén nesta reunión o camiño para continuar medrando e que, nun futuro próximo, a agrupación poida participar en certames de entidade internacional. A rexedora quixo dar os parabéns a Agrupación por todo o traballo desenvolvido, a súa capacidade de resiliencia, o éxito das actividades que están a desenvolver e a calidade formativa e musical que está a xerar a través da Escola de Música.

Por outra banda, a Agrupación Musical do Rosal tamén amosou a súa disposición a participar en vindeiras datas no proceso participativo que o Concello porá en marcha ao abeiro da Axenda 2030, coa que se abordarán os retos sociais, ambientais, económicos, culturais ou educativos para un desenvolvemento urbano sostible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí