Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Corenta nenos e nenas de Tomiño benefícianse de apoio escolar e psicolóxico dentro do programa -É Aprender-

Son cinco as parroquias nas que se imparte a actividade, en grupos reducidos e con persoal cualificado, contratado polo Concello e Deputación

As inscricións fixéronse a través dos centros educativos, que colaboraron co Concello

Fecha: 03 de Enero de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño organiza, un ano máis, o programa de reforzo escolar gratuíto "É aprender". Un proxecto educativo que chega a súa 5ª edición como ferramenta de apoio ao estudo, desenvolvemento do pensamento crítico e habilidades emocionais, para alumnado da ESO e ciclo superior de Primaria. A día de hoxe asisten uns corenta nenos e nenas; 11 deles de Secundaria e o resto de Primaria. As inscricións fixéronse a través dos centros educativos, que colaboraron co Concello.

Coa colaboración do IES de Tomiño, a Concellalía de Educación, que dirixe a alcaldesa Sandra González puxo en marcha o programa o mes pasado, con algunhas novidades coma, por exemplo, a contratación de persoal cualificado que se ocupa de coordinar a actividade, asistindo a cada un dos espazos educativos, en cinco parroquias (Tebra, Barrantes, Currás, Goián e Tomiño) co propósito de achegar todo o posible o servizo ás familias que o necesitan.

 

Son cinco as parroquias nas que se imparte a actividade, en grupos reducidos e con persoal cualificado, contratado polo Concello e Deputación.

Os espazos para o alumnado este ano son Casa Cultural de Santa María de Tebra, Casa da Cultura de Tomiño, a Escola Obradoiro de Goián, Pavillón Multiusos de Barrantes e Local da asociación veciñal de Currás. Os horarios están organizados en función do lugar e os estudantes traballan en grupos separados segundo o nivel. As clases impártense de luns a xoves de 16h00 a 18h20 e de 18.20 a 20.20.

Coma en anos anteriores, neste tamén procedeuse á contratación dunha psicóloga externa, que presta apoio psicopedagóxico, así coma dunha docente (contratada a través da Deputación).

Asemade, o programa conta cun novo grupo de voluntariado, altamente cualificado, que traballa conxuntamente en todos os espazos e utilizando os mesmos criterios.

A iniciativa, pioneira na comarca, destina dúas horas de apoio escolar á semana a cada un dos grupos. Na primeira hora lévanse a cabo tarefas escolares e na segunda, actividades destinadas a traballar aspectos coma a atención, a motivación, a autoestima, a resolución de conflitos, etc.

O "É aprender" ten colleitado diversos éxitos e ten acadada repercusión fora do Concello. No ano 2014 Unicef premiou ao Concello de Tomiño no Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal polo seu traballo a prol da educación.

A alcaldesa de Tomiño e responsable da área de Educación, salienta o esforzo do Concello por garantir unha educación de calidade a todas as familias do municipio, independentemente da súa situación socio económica.

A rexedora lembra tamén a importancia de poder coa axuda dunha psicóloga e terapeuta familiar, que fai intervencións con familias de mozos e mozas do IES e resto de asistentes ao Ë Aprender "facilitando a aquelas familias que requiran atención especializada o acceso gratuíto ao servizo, sen ter que ser derivados ao SERGAS, cando non sexa necesario".

As familias interesadas aínda están a tempo de inscribirse, dirixíndose ao correo electrónico omix@tomino.gal ou no Departamento de Cultura do Concello de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí