Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís analiza coa alcaldesa do Rosal varias demandas no eido das infraestruturas

O delegado territorial da Xunta aproveitou a visita para comprobar coa rexedora as obras de execución dunha senda peonil que acaban de poñerse en marcha na subida ao Niño do Corvo

O delegado territorial da Xunta aproveitou a visita para comprobar coa rexedora as obras de execución dunha senda peonil que acaban de poñerse en marcha na subida ao Niño do Corvo

Fecha: 11 de Abril de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na mañá deste mércores o concello do Rosal para analizar coa alcaldesa do municipio, María del Carmen Alonso, varias demandas no eido das infraestruturas, como a reposición de pantallas acústicas ou a instalación de marquesiñas.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez. Cores Tourís avanzou a María del Carmen Alonso que a Consellería xa solicitou a compra de novas pantallas acústicas para a súa instalación tanto na ponte sobre o Tamuxe como nos falsos túneles da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, xa que algúns dos mesmos víronse afectados polo último temporal.

A maiores, a alcaldesa trasladou tamén ao delegado territorial a necesidade de contar con novas marquesiñas no concello de cara a mellorar estas infraestruturas en varios puntos da localidade.

Finalmente, e aproveitando a visita ao concello, José Manuel Cores Tourís e María del Carmen Alonso trasladáronse ata á subida ao Niño do Corvo en San Miguel de Tabagón co obxectivo de comprobar o inicio dos traballos de execución dunha nova senda peonil no tramo de vial de reposición de acceso motivado pola execución da obra CG-4.2 que enlaza esta parroquia con Valdemiñotos. Estes traballos contan cun orzamento de 48.300 euros.

En total, executarase unha senda peonil de 430 metros de lonxitude dende a subida ao Miño do Corvo ata a estrada de Morán, aplicándose formigón coloreado, salvo no paso superior sobre a CG-4.2 onde se estenderá un microaglomerado coloreado. Tamén se instalará un colector para recollida das augas de drenaxe e unha canalización para a preinstalación do alumeado.

Tal e como indicou o delegado, esta senda enlazará posteriormente coa que o concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra executarán pola EP-3302 ata a estrada de Morán, nun proxecto comprometido economicamente pola institución provincial. "Así o acordamos as tres administracións na última reunión que mantivemos ao respecto. Lamentablemente, a obra que corresponde á Deputación de Pontevedra aínda non foi nin licitada, o que retrasará evidentemente o proxecto".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones