Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís analizou co alcalde do Rosal a situación dos futuros proxectos a desenvolver pola administración autonómica neste concello

O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a este concello con motivo do seu nomeamento

O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a este concello con motivo do seu nomeamento

Fecha: 25 de Noviembre de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou unha visita institucional ao concello do Rosal onde mantivo unha entrevista co seu alcalde, Jesús María Fernández, quen lle transmitiu as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

O delegado territorial continúa así, tras tomar o pasado luns 21 posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos dependentes da Delegación Territorial de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.

Entre as principais necesidades que demandou o rexedor do Rosal ao delegado territorial atópanse cuestións relacionadas coa mellora de infraestruturas, así como políticas activas de creación de emprego, turismo e mellora dos centros educativos.

Jesús María Fernández analizou con Cores Tourís a posta en marcha no 2017 das obras de execución das beirarrúas de Pancenteo na PO-353, toda vez que o proxecto, que supón máis dun millón de euros de investimento, xa saíu a exposición pública e se está agora mesmo rematando coas expropiacións.

Esta obra supón unha importante mellora da estrada que une Pancenteo-Marzán entre os puntos quilométricos 3,150 ao 5,360. As obras, como explicou o delegado territorial, suporán a mellora da sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal e o reforzo do firme.

Por outra banda, o delegado e o alcalde tamén analizaron as posibles iniciativas para a dinamización e creación de emprego como o obradoiro que se atopa actualmente en funcionamento e que permitirá a reconversión do Mercado de San Miguel.

Finalmente, tamén analizaron a obra que, a través de Turismo de Galicia, permitirá ao Rosal contar cunha área de recepción de visitantes para os Muíños do Folón e do Picón, obra que contará cun investimento de 250.000 euros e que impulsará o turismo neste concello.

Tomiño
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou tamén para manter un encontro co presidente da comunidade de Montes de Barrantes en Tomiño así como co presidente da Asociación de Comerciantes deste municipio, acompañado polo portavoz do Partido Popular no municipio, Esteban González Miranda.

Ambos analizaron con José Manuel Cores Tourís necesidades e demandas destes dous colectivos. En concreto, en relación á comunidade de montes, o presidente deste ente, Jaime Fernández solicitou a axilización da tramitación pendente para a apertura definitiva do novo cemiterio desta parroquia, "de xeito que poidamos comezar a enterrar no mesmo, xa que temos unha importante falta de espazo no cemiterio vello".

Pola súa banda, David Vila, analizou co delegado territorial as liñas de axudas as que pode acollerse a Asociación de Comerciantes de Tomiño xa que, ademais, é tamén Centro Comercial Aberto. "O noso obxectivo é poder contar con axudas que nos permitan seguir a desenvolver todas as actividades lúdicas, deportivas e de animación ao comercio que estamos a executar", explicou o presidente desta entidade, recordando que nestes intrese se atopan inmersos na potenciación e desenvolvemento da campaña de Nadal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones