Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Cores Tourís analizou co director xeral de desenvolvemento rural o avance das concentracións parcelarias

No caso da concentración de Estás-Goián en Tomiño, son 1.288 os beneficiados, 776 as hectáreas afectadas e 12.256 as parcelas que se converteron en 1.275.

No caso da concentración de Estás-Goián en Tomiño, son 1.288 os beneficiados, 776 as hectáreas afectadas e 12.256 as parcelas que se converteron en 1.275.

Fecha: 29 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo unha reunión co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Dubois, co obxectivo de analizar o avance das concentracións parcelarias da comarca da comarca do Condado e a Paradanta.

Durante a reunión, Cores Tourís destacou que case o 30% das concentracións con zonas abertas de Galicia se atopan na provincia de Pontevedra, 38 de 130. En total, nos casos dos concellos dependentes da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, veranse beneficiados 32.636 propietarios que contan con 288.447 parcelas que se converterán en 30.642 terreos sobre unha superficie total de 30.903 hectáreas.

Na comarca do Condado e A Paradanta atópanse como zonas vivas de concentracións as tres coas que conta o concello de Covelo (A Graña-Campo, Barciademera e Prado Godóns), así como a de Estás-Goián-Figueiró en Tomiño e a de Oroso na Cañiza. Todas elas se atopan en fase de acordo.

A Graña conta con 438 propietarios e unha superficie de 662 hectáreas divididas en 13.728 parcelas convertridas en 1.285; Barciademera conta con 982 beneficiarios, 775 hectáreas e 8.753 terreos reducidos a 2.198 e Prado posúe 545 propietarios, 1.139 hectáreas e 12.321 fincas transformadas en 2.071 na actualidade. En Oroso son 626os beneficiarios sobre unha superficie de 740 hectáreas e 1.864 fincas que se reduciron a 1.864. No caso da concentración de Estás-Goián en Tomiño, son 1.288 os beneficiados, 776 as hectáreas afectadas e 12.256 as parcelas que se converteron en 1.275.

Tal e como informou Miguel Dubois a Cores Tourís, en Barciademera levaranse a cabo actuacións previas para o estudo e propostas de modificación do acordo mentres en Oroso realizarase a actualización da concentración.

A maiores, Dubois tamén destacou as obras que se están a facer pola vía de emerxencias de cara a mellorar camiños municipais e repoñer danos causados polos temporais. Deste xeito, en Crecente reestruturáronse varios muros en Vilar e Angudes por un importe de 58.000 euros, mentres en A Cañiza destináronse 60.000 para a eliminación de raíces en Torgo-As Raposeiras e a pavimentación do camiño Briabí. Finalmente, en Arbo, mellorouse o camiño Sabugueiro e a estrada á Barreira por outros 60.000 euros.

José Manuel Cores Tourís destacou a importancia económica que supón a concentración parcelaria. De feito, o delegado territorial recordou que "o obxectivo último da Xunta de Galicia radica en sacar rendibilidade aos terreos a través de novas explotacións que eviten o abandono da terra e a racionalización da produción, fixando poboación e traballando contra o despoboamento do rural".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí