Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS ANIMA ÁS EMPRESAS PONTEVEDRESAS A ACOLLERSE A NOVA LIÑA DE AXUDAS PARA O AFORRO ENERXÉTICO

O ano pasado, acolléronse 39 empresas da provincia que conseguiron axudas por un total de 700.000 euros

O ano pasado, acolléronse 39 empresas da provincia que conseguiron axudas por un total de 700.000 euros

Fecha: 19 de Febrero de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, animou esta mañá as empresas da provincia de Pontevedra a acollerse a nova liña de axudas para o aforro e a eficiencia enerxética que contará cun montante global de 9,5 millóns de euros.

Cores Tourís destacou que esta liña está aberta ata o 29 de febreiro e que permitirá as empresas dos sectores industrial e de servizos a realización de auditorías enerxéticas, a implantación de sistemas de xestión, a mobilidade con combustibles alternativos e a posta en marcha de proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

A contía da liña de axudas deste ano aumentou en relación a 2015, pasando de 1,8 millóns de euros a 9,5. As axudas poden chegar ata os 200.000 euros por proxecto. Ademais, no caso das pequenas e medianas empresas, a porcentaxe increméntase un 10%, supoñendo o 40% do total.

O ano pasado, en Galicia acolléronse a estas axudas un total de 113 empresas, das cales 39 eran da provincia de Pontevedra, que obtiveron 700.000 euros, é dicir, case o 40% do montante total da liña de subvencións.


"As actuacións de eficiencia enerxética permiten diminuír custos e gañar competitividade no camiño cara a fábrica intelixente", matizou Cores Tourís, quen destacou que segundo diversos estudos sectoriais realizados polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a porcentaxe de aforro de enerxía nestes sectores coa posta en marcha de medidas de eficiencia ascende ata o 15% para o sector industrial, e ao 30% no sector servizos.


De feito, tal e como argumentou o delegado territorial, a Xunta de Galicia está na procura de incentivar a trans¬formación da actividade industrial en Galicia cara a unha industria 4.0 que aumente a súa competitividade nun mercado global. Neste senso, o Inega establece este sistema de subvencións, com¬plementario aos creados por outras entidades públicas, relacionados con proxectos que fomenten o aforro e eficiencia enerxética en empresas do sector industrial e servizos. As actuacións que se van desenvolver enmárcanse dentro da Estratexia Enerxética de Gali¬cia 2015-2020 e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que alude á utilización do aforro e eficiencia enerxética como instrumento para a mellora da competitivi¬dade e o fomento do emprego. Estímase que o 90 % do crédito orzamentario se destinará ao sector industrial e o restante 10 % ao sector servizos.

"O obxectivo é dotar as industrias beneficiadas de programas capaces de reaxustar, de xeito sistemático, algúns dos seus parámetros en función das experiencias pasadas co obxecto de optimizar o consumo", engadiu pola súa banda o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial. "Non podemos esquecer que a incorporación de aplicacións TIC e a sensorización industrial son instrumentos fundamentais para que as empresas acaden maiores graos de eficiencia na súa xestión". Nesta liña, o programa promove de xeito específico a implantación de sistemas de procesado avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético, no camiño cara á fábrica intelixente.


A Xunta de Galicia, continuará a apostar con esta mellor impulsando tamén proxectos centrados na mellora dos equipamentos consumidores de enerxía do proceso produtivo industrial; a instalación de sistemas de aproveitamento de enerxías renovables; ou a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a norma ISO 50.001. Ademais, apoiarase a realización de auditorías enerxéticas que analicen de forma integral o proceso produtivo da empresa e, no eido da mobilidade, a substitución de vehículos por outros máis eficientes que empreguen combustibles alternativos.


"Estes proxectos xerarán en Galicia un investimento conxunto de máis de 32 millóns no tecido produtivo, contribuíndo á adopción de medidas que permitirán acadar un aforro enerxético de case 11.000 toneladas equivalentes de petróleo ao ano e un aforro económico de 10 millóns por exercicio", rematou Rial, quen indicou que, ao mesmo tempo, se promoverán arredor de 430 empregos, o 60% deles directos, evitando a emisión á atmosfera de case 19.000 toneladas de CO2 ao ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones