Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS ANUNCIOU O INVESTIMENTO DE CASE 200.000 EUROS NA PARCELARIA DE ESTÁS-GOIÁN-FIGUEIRÓ EN TOMIÑO

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que a Consellería de Medio Rural levará a cabo as derradeiras obras para acadar firmeza e a modificación dos acordos desta concentración

 A Xunta achegará 22 millóns de euros no presente ano para impulsar este tipo de iniciativas co obxectivo de rematar as 137 zonas activas en Galicia

Fecha: 14 de Marzo de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou que a Consellería de Medio Rural destinará 200.000 euros para a concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró en Tomiño, o que permitirá levar a cabo as derradeiras obras para acodar firmeza e a modificación dos acordos.

O delegado territorial visitou o concello de Tomiño para informar destas novas a alcaldesa da localidade, Sandra González, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, así como do portavos do PP da localidade, Estéban González, quen solicitou a visita de José Manuel Cores Tourís para coñecer o investimento que a Xunta vai realizar nesta parcelaria no presente ano.

Deste xeito, a Consellería de Medio Rural destinará case 200.000 euros para executar as derradeiras obras para acadar firmeza e as modificacións de acordo necesarias nesta tramitación ao longo de 2016.

Ademais, a administración autonómica actuará sobre catro quilómetros de camiños secundarios, nos cales abrirá tres novos camiños, e mellorará o firme do resto dos viais desta concentración.

Esta parcelaria afecta a tres parroquias do municipio de Tomiño: Estás, Goián e Figueiró e beneficia a 1.288 propietarios, que pasarán de contar con 12.256 parcelas a 2.697. A superficie concentrada é de 776 hectáreas, dedicándose case a metade delas, o 42%, á actividade agrícola.

Achega de 22 millóns de euros
José Manuel Cores Tourís recordou a importancia de continuar cos procesos de concentración parcelaria, xa que permitirá mellorar a rendibilidade da actividade produtiva e facilitar que os predios abandonados ou que non formen parte de explotacións poidan mobilizarse para uso agrario. Ademais, a parcelaria axuda tamén a minimizar os efectos que poidan ter as grandes obras públicas ou explotacións de coutos mineiros, potenciar a conservación das zonas de maior interese ambiental, así como reducir as emisións que se derivan dos longos desprazamentos polas explotacións dispersas.

O delegado territorial recordou que a semana pasada o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, avanzou a achega de 22 millóns de euros en 2016, o maior investimento nos últimos sete anos, para impulsar a concentración parcelaria. "Na provincia de Pontevedra serán 10 millóns de euros os que se investirán nas parcelarias, é dicir, case o 45% do total previsto pola administración autonómica", explicou Cores Tourís.

O obxectivo é multiplicar por tres o investimento dedicado a este fin, de cara a rematar as 137 zonas activas, que supoñen preto de 120.000 hectáreas, un millón de parcelas e 100.000 propietarios, e empezar a traballar nas zonas prioritarias agro-grandeiras.

A Xunta pretende finalizar administrativamente todas as concentración parcelarias iniciadas en Galicia nun prazo de catro anos. A orde de prioridade para decidir as actuacións será a seguinte: aquelas que favorezan o final de procesos de reestruturación parcelaria que estaban a piques da súa finalización definitiva; as que propicien o avance dos procesos de reestruturación que teñan unha incidencia económica importante; e os traballos previos ao decreto de utilidade pública de novas zonas de reestruturación parcelaria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones