Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís comproba o avance da vendima na D.O. Rías Baixas no Rosal

Cores Tourís, destacou que este ano agárdase unha colleita -expectacular- con entre 35 e 37 millóns de quilos de uva

Cores Tourís, destacou que este ano agárdase unha colleita -expectacular- con entre 35 e 37 millóns de quilos de uva

Fecha: 11 de Septiembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o pasado venres a adega Lagar de Cervera no Rosal, acompañado dos responsables da firma así como do alcalde da localidade, Jesús María Fernández Portela, co obxectivo de supervisar cómo evolucionan os traballos de vendima.

Cores Tourís comprobou o avance da recollida da colleita que se atopa xa ao 50%, habéndose recollido nestes intres 18,3 millóns de quilos de uva, dos cales 1,46 proceden do Rosal. "Na denominación de orixe estase a traballar dende fai xa varias semanas, e das 4.049 hectáreas que existen en toda a denominación, no Rosal atópanse 552,17 hectáreas, con 224 viticultores dun total de 4.338 inscritos en Rías Baixas, o que se traduce en 890 parcelas", explicou o delegado territorial. Das 181 adegas que existen na D.O, 11 atópanse no concello que hoxe visitou José Manuel Cores Tourís.

O delegado territorial recordou que a D.O. Rías Baixas é un referente dos viños galegos, destacando a súa vocación exportadora, "xa que estamos a falar de que o 28% da súa produción véndese no estranxeiro, sendo así líder na proxección internacional do sector, representando o 81% das exportacións do vino galego certificado. E neste senso temos que seguir a traballar, dándolle promoción aos nosos produtos do agro nos distintos mercados nacionais e foráneos". De feito, o principal destino das exportacións do viño desta DO é América, cun 50% do total, salientando Estados Unidos cun 38% do total.

Cores Tourís aproveitou nesta visita para facer fincapé na calidade dos vinos galegos, "e en especial os viños Rías Baixas", así como a importancia que ten a vendima no seu proceso de elaboración, "unha vendima que este ano, segundo apuntan os responsables da denominación de orixe vai ser moi favorable, calculando alcanzar entre os 35 e os 37 millóns de quilos de uva, converténdose na segunda colleita mellor da historia desta denominación. Non podemos esquecer que o ano pasado a campaña acadou un total de 22,7 millóns de litros de viño, cun valor estimado que superou os 113 millóns de euros".

O delegado territorial engadiu que estamos a falar dunha D.O. que é a que produce máis da metade do viño con selo de calidade de Galicia e que xera arredor do 63% do valor económico deste sector da comunidade.

"A calidade e a vinculación co territorio son os dous piares fundamentais sobre os que se asenta o noso sector vitivinícola", matizou Cores Tourís, quen lembrou que é o eido agroindustrial máis exportador, cun incremento das exportacións do 104% entre as campañas 2008/2009 e 2014/2015.


Lagar de Cervera
Lagar de Fornelos naceu trala compra en 1988 da empresa La Rioja Alta, S.A., da adega Fernández Cervera Hermanos S.L., propiedade dunha familia relacionada coa construción naval. O obxectivo dos novos donos era buscar un lugar no que afincarse en Galicia para probar novos camiños enolóxicos. A adega ten capacidade para produción 600.000 litros de viño.


A sociedade ten por obxecto cultivo da vide, a elaboración e embotellado de viños e a elaboración e embotellado de augardentes, para o cal dispoñen de 75 hectáreas de viñedo, 60 no Rosal e 15 no Salnés, ademais dunha adega de elaboración de viño e dunha pequena destilería.


A maiores, tamén fabrica augardentes, para o cal dispoñen dunha pequena destilería con 8 alambiques, 20.000 litros de almacenamento en aceiro inoxidable e 90 barricas de carballo.


Cores Tourís aproveitou para poner a esta adega como exemplo da potencia exportadora da D.O. Rías Baixas. "De feito, esta adega exporta o 50% da súa produción a mercados como Reino Unido, Alemaña, México, Xapón ou EUA".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones