Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS COMPROBOU A EXECUCIÓN DA REFORMA DA CUBERTA DO PATIO DO CEIP DE SOBRADA EN TOMIÑO

A Xefatura Territorial de Cultura e Educación investiu nos últimos anos máis de 680.000 euros no acondicionamento e adecuación dos centros educativos de Primaria e Secundaria deste municipio

A Consellería de Cultura e Educación inviste neste curso máis de dous millóns douscentos mil euros en obras de mellora dos centros educativos da provincia de Pontevedra

Fecha: 09 de Septiembre de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Tomiño para analizar coa alcaldesa do municipio, Sandra González, as obras de reforma da cuberta do patio do CEIP de Sobrada e que están previstas para o inicio do curso en setembro.

Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde analizaron as necesidades deste centro en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

A obra permitiu a reforma da cuberta do patio interior deste centro, estragada polo paso do tempo. A cuberta estaba formada por placas de fibrocemento, contando pois con fibras de amianto, apoiadas sobre unha estrutura metálica. Os traballos permitiron á substitución completa destas placas por outras de tipo panel sándwich de 40 mm, sendo amarradas á estrutura metálica con abarcón de aceiro, "o que garante maior seguridade e menos peso da cobertura".

"Estes traballos supuxeron un investimento de arredor de 40.000 euros, xa que foron financiados ao 50% entre Consellería e Concello e atopábanse como prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación", matizou o responsable da Xunta en Pontevedra. De feito, grazas a este importe tamén se puido preparar un aula polivalente e facer outras melloras no CEIP de Barrantes.

Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas nos últimos anos outras melloras no centro como a reforma da instalación eléctrica ou a reposición da acometida da liña eléctrica. "En total, tendo en conta a obra executada na actualidade, estamos a falar de 52.400 euros destinados dende a Xunta a este centro", explicou Cores Tourís, quen tamén destacou que en total, nos últimos anos, a Consellería de Educación destinou 680.000 euros a melloras nos centros educativos de Primaria e Secundaria do concello de Tomiño.

De feito, o delegado territorial destacou que a obra que hoxe comprobaron forma parte dun conxunto de melloras nos centros educativos que veñen a demostrar que a Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo para o próximo curso na mellora dos colexios e institutos da provincia de Pontevedra. "En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e case 700.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns douscentos mil euros nos centros educativos da provincia", sinalou Cores Tourís.

Finalmente o delegado territorial destacou a colaboración por parte da Deputación de Pontevedra no eido da educación, "esperamos seguir contando coa súa colaboración e que a nova corporación se implique tanto como a do anterior presidente, Rafael Louzán. Desexamos que a nova presidenta, Carmela Silva, siga a colaborar coa Xunta de Galicia e cos concellos na mellora dos centros educativos" engadiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones