Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís comprobou as obras realizadas por educación no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que os traballos permitiron reformar a cuberta da pista polideportiva cun investimento que roldou os 120.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que os traballos permitiron reformar a cuberta da pista polideportiva cun investimento que roldou os 120.000 euros

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, as obras executadas pola Consellería de Educación no CPI Manuel Suárez Marquier e que permitiron mellorar a cuberta da pista polideportiva deste centro.

O delegado territorial estivo acompañado na visita a este colexio polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, así como polo equipo directivo e os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial.

A superficie sobre a que se executou a cuberta foi de 856 metros cadrados, colocando unha cuberta central a dúas augas con cumbrera en orientación norte-sur, e cun corpo a unha sola auga que cubre as gradas e se atopa nunha cota máis baixa que a anterior.
 






Educación decidiu levar a cabo a mellora desta cuberta e do peche das fachadas debido ao mal estado de conservación da anterior, na que faltaban pezas de cubrición o que ocasionaba humidades. Tamén se atopaban deterioradas as pezas traslúcidas o que impedía que entrara a luz natural cara ao pavillón.

Con esta obra tamén se paliou as deformación existentes nos pórticos principais da estrutura soporte que está composta por perfiles de aceiro laminado. "Conseguimos gañar en eficiencia enerxética, en calidade das instalacións e tamén conseguimos aportar un aspecto estético máis agradable a este polideportivo", explicou Cores Tourís quen matizou que a obra contou cun orzamento de preto de 120.000 euros.

Pola súa banda, o alcalde do Rosal, agradeceu a colaboración da Xunta na reforma da cuberta desta zona polideportiva, "xa que permite que o alumnado poida desenvolver a súa actividade deportiva con maior seguridade e calidade. Seguiremos a colaborar coa administración autonómica para que os nosos centros sigan a mellorar e a modernizarse".

Nos últimos anos, a Consellería de Educación investiu case 655.000 euros nas melloras do CPI Manuel Suárez Marquier e do CRA María Zambrano desta localidade, con melloras como a renovación da carpintería, estudos xeotécnicos, reparación e reforma das instalacións de calefacción e eléctricas e levantamento topográfico.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones