Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS COMPROBOU O REMATE DAS OBRAS DE MELLORA DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER EN O ROSAL

Estes traballos tiveron un orzamento de máis de 80.000 euros e consistiron na reforma da instalación lumínica e dos falsos teitos

A Xefatura Territorial de Cultura e Educación investiu nos últimos anos máis de medio millón de euros no acondicionamento e adecuación dos centros educativos do municipio de O Rosal

Fecha: 28 de Agosto de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de O Rosal para analizar co alcalde do municipio, Jesús María Fernández, o remate das obras de reforma da instalación lumínica que se realizaron no CPI Manuel Suárez Marquier.

Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde analizaron as necesidades deste centro en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

As obras consistiron na reforma integral da instalación da lumínica. En concreto, retiráronse as antigas luminarias e substituíronse por novos equipos máis eficientes, instaláronse sensores lumínicos nas aulas e repartíronse as cargas eléctricas das luminarias. "Grazas a esta mellora poderase non so conseguir un aforro enerxético das instalacións, senon tamén alcanzar os valores lumínicos no plano de traballo esixidos pola normativa europea" explicou o delegado territorial.

"Estes traballos supuxeron un investimento de 42.317 euros e atopábanse como prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación", matizou o responsable da Xunta en Pontevedra, aos que hai que engadir outros 40.000 euros aportados polo concello para o remate da substitución dos falsos teitos en vinte aulas e nos corredores. "En total investíronse máis de 80.000 euros", engadiu o delegado territorial.

Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas outras melloras neste centro como son a reforma dos falsos teitos, da calefacción, da auga quente ou a reparación dos servizos, "esta última contando cun presuposto de case 44.000 euros", explicou o delegado territorial.

Cores Tourís destacou así mesmo que nos últimos anos lévanse realizado diversas obras de mellora e reforma nos centros de O Rosal, como a ampliación do CRA María Zambrano, que contou cun orzamento de case 140.000 euros. "Lévase destinados máis de medio millón de euros por parte da administración autonómica, trátase un investimento moi importante para a adecuación e benestar dos centros do concello de O Rosal", engadiu o delegado territorial.

A Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo no presente ano na mellora dos centros educativos da provincia de Pontevedra. "En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e case 700.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns douscentos mil euros nos centros educativos da provincia", sinalou Cores Tourís.

Finalmente o delegado territorial destacou a colaboración por parte da Deputación de Pontevedra no eido da educación, "esperamos seguir contando coa súa colaboración e que a nova corporación se implique tanto como a do anterior presidente, Rafael Louzán. Desexamos que a nova presidenta, Carmela Silva, siga a colaborar coa Xunta de Galicia e cos concellos na mellora dos centros educativos", engadiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones