Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís destaca que as asociacións veciñais da comarca do Baixo Miño recibiron case 304.000 euros o ano pasado para obras e equipamentos

O delegado da Xunta destacou que en 2016 destináronse 1,6 millóns de euros a un total de 167 asociacións da provincia de Pontevedra

O delegado da Xunta destacou que en 2016 destináronse 1,6 millóns de euros a un total de 167 asociacións da provincia de Pontevedra

Fecha: 25 de Enero de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Locais e Xustiza vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado venres a Orde de axudas destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
 
Na provincia de Pontevedra víronse beneficiadas 167 asociacións cunha subvención global de 1,6 millóns de euros que se destinaron a proxectos como construción de depósitos de auga, rehabilitacións de locais sociais, substitucións de tubaxes, acondicionamento de traídas de augas, adquisición de equipamentos ou construcións de parques infantís e biosaudables, entre outros. 

Neste senso, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, animou ás asociacións veciñais da comarca do Baixo Miño a acollerse a esta nova orde que ten como obxectivo contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal, tendo en conta que en 2016 foron un total de 303.940,30 euros os destinados a 36 asociacións dos concellos que conforman a comarca.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, considera que estas axudas "contribuirán a mellorar as necesidades e aspiracións das veciñanzas", destacando a aposta do Goberno galego polo asociacionismo veciñal e por todo aquilo que contribúa ao benestar dos cidadáns.

Cores Tourís explicou que poderán solicitar estas axudas aquelas entidades (asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia) debidamente inscritas no rexistro de asociacións da Xunta. As solicitudes presentaranse de modo electrónico a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e o prazo de presentación rematará o vindeiro 20 de febreiro.

As axudas concederanse para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos. "Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os que a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio, así como os equipamentos necesarios para o seu funcionamento, así como todos os vinculados á acadar una eficaz prestación dos servizos, o que inclúe os camiños veciñais e as traídas de auga", engadiu o responsable territorial.

Cores Tourís destacou que as entidades solicitantes deberán estar debidamente inscritas no rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma ou no libro de rexistro de augase indicou que a axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones