Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís inaugura o obradoiro de emprego Dinamización Turística do Concello- en Tomiño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá nesta iniciativa case 180.000 euros formando a 20 alumnos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra e a alcaldesa desta localidade aproveitaron o acto para manter un encontro institucional no que analizar as demandas do concello en relación á administración autonómica

Fecha: 01 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, inaugurou en Tomiño o novo obradoiro de emprego "Dinamización Turística do Concello" que formará a 20 desempregados na promoción e elaboración de produtos turísticos así como na creación de páxinas web.

O delegado estivo acompañado pola alcaldesa da localidade, Sandra González, así como polo xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investirá case 180.000 euros, "que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superarán os 200.000 euros", segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 20 alumnos aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en Promoción Turística Local e Información ao Visitante, na que se formarán 10 persoas, e en Confección e Páxinas Web, con outros 10 alumnos.

O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que ten "un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente".

De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional durante os meses que durarán estes proxectos.

O alumnado traballará durante os próximos seis meses na elaboración de produtos turísticos locais como rutas, eventos culturais, deportivos e de ocio, así como paquetes turísticos, na elaboración de guías, no deseño do aspecto visual da páxina web de turismo do concello e na inserción de documentos, de audio e vídeo, do arquivo documental do municipio, establecendo a condición de accesibilidade e usabilidade.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a visita do delegado territorial e destacou a importancia de que a Xunta "depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto que permite formar a desempregados do municipio durante 6 meses e finalmente, formalos para poder optar a un posto de emprego no futuro".


Visita institucional
O delegado territorial aproveitou a visita a Tomiño para manter previamente unha reunión institucional coa alcaldesa da localidade e analizar as demandas e necesidades do concello en relación á administración autonómica.

Durante este encontro analizouse a situación da concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró. A alcaldesa solicitou a José Manuel Cores Tourís que se axilizara a súa tramitación. Neste senso, o delegado territorial informoulle que se vai facer unha encomenda de xestión de cara a que se poida rematar canto antes. Esta parcelaria beneficiará a 1.288 propietarios, pasando de 12.256 fincas iniciais a 2.697.

Por outra banda, Sandra González tamén agradeceu a posta en marcha do obradoiro que hoxe se inicia, porque permitirá formar a desempregados, "e estamos seguros que será todo un éxito". En relación á Consellería de Economía, Emprego e Industria, tamén destacou a rexedora a importante colaboración prestada por este departamento autonómico ao concello de cara a mellora e reforma da praza de abastos da localidade, "que se converteu nun referente no centro da vila reactivando o comercio de proximidade". A subvención nesta obra superou os 380.000 euros.

Finalmente, a alcaldesa tamén analizou co delegado territorial a necesidade da construción dunha variante que permita retirar o tráfico do centro da vila. Recordou Sandra González que a estrada que atravesa o centro urbano de Tomiño é de titularidade autonómica e que o concello estaría disposto a asumir a súa transferencia se se levase a cabo ese novo vial que aliviase de vehículo o centro da localidade. O delegado territorial valorou este proxecto como moi interesante e comprometeuse a falar do mesmo coa conselleira de Infraestruturas para analizar a súa viabilidade, que pasaría por un convenio a tres bandas entre concello, Xunta e Deputación de Pontevedra.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones