Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS RECORDA QUE OS 11 MUNICIPIOS TURÍSTICOS DA PROVINCIA XA PODEN SOLICITAR AS AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA AS OFICINAS DE TURISMO

Na provincia de Pontevedra existen 18 oficinas de turismo en once concellos con esta catalogación, entre eles Tui e A Guarda

Na provincia de Pontevedra existen 18 oficinas de turismo en once concellos con esta catalogación, entre eles Tui e A Guarda

Fecha: 12 de Febrero de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,  anunciou esta mañá que a  Axencia de Turismo de Galicia acaba de abrir a liña de axudas para a contratación de persoal para as 18 oficinas de información ao visitante que existen na provincia.

O delegado territorial destacou que Turismo de Galicia convoca novamente as axudas para os concellos declarados Municipios Turísticos orientadas a colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo. Deste xeito, dáse cumprimento á Lei 7/2011, de 27 de outubro do Turismo de Galicia, que no seu artigo 29, determina que os municipios turísticos deben ser obxecto de atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico establecidas pola Administración da Xunta de Galicia.

 

"O obxectivo de manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios coa devandita declaración, estimulase a contratación de persoal de xeito que se potencie a imaxe tanto dos Municipios Turísticos de Galicia como de toda a comunidade no exterior", explicou José Manuel Cores Tourís, quen recordou que dos 42 concellos con esta denominación, 11 se atopan na provincia de Pontevedra: Tui, Cambados, Mondariz-Balneario, A Guarda, Baiona, Cangas, Nigrán, O Grove, Poio, Vilagarcía e Sanxenxo.

 

O orzamento destinado a esta orde de axudas é de 250.000 euros, cun máximo de 5.200 euros por entidade beneficiaria. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

 

Do mesmo xeito, será requisito indispensable que o concello conte coa declaración de Municipio Turístico galego, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de Municipio Turístico galego e declaración de Festas de Interese Turístico. O prazo de presentacións permanecerá aberto ata o 27 de febreiro deste ano.

 

 

Tal e como recordou o delegado territorial, os concellos declarados Municipios Turísticos son aqueles nos que, pola unha afluencia periódica ou estacional, a poboación anual de poboación turística é superior ao 25% do número de veciños. "Tamén aqueles que contan cun número de aloxamentos turísticos e de segundas residencias superior ao 50% do número de vivendas de residencia primaria". Ademais, deben acreditar que contan dentro do seu territorio con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes cinco veces superior a súa poboación e contar con servizos municipais como saneamento, recollida de residuos, protección civil e ordenación urbanística, entre outros.                                     

 

A Xunta de Galicia, segundo apuntou Cores Tourís, aposta pola colaboración cos concellos de cara impulsar o turismo, colaborando na contratación de persoal nos meses de maior demanda turística, un apoio que parte do actual Goberno autonómico xa que naceu en 2013. "Este ano conta cunha importante novidade relativa ao tempo de contratación", rematou o delegado territorial, quen engadiu que, "deste xeito, poderase contratar ao persoal en 2 ou 3 meses en lugar de 4, ou elixir a xornada máis adecuada a cada municipio, ven sexa completa, de media xornada ou por horas".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones