Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CORES TOURÍS VISITOU A ADEGA LAGAR DE FORNELOS DE O ROSAL PARA COMPROBAR O INICIO DA VENDIMA NA COMARCA DO BAIXO MIÑO

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se agardan máis de 32 millóns de quilos de uva en toda a Denominación de Orixe Rías Baixas

Recordou que a administración autonómica destinou este ano medio millón de euros para plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, dos cales o 60% están destinados á Rías Baixas.

Fecha: 15 de Septiembre de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a adega Lagar de Fornelos de O Rosal en compaña do alcalde da localidade, Jesús María Fernández, e do xefe territorial de Medio rural e Mar, Miguel Dubois, co obxectivo de comprobar o arranque da vendima na comarca do Baixo Miño dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

"O obxectivo desta visita", engadiu o delegado territorial, "é estar en contacto cos viticultores e bodegueiros para coñecer o seu sentir nesta vendima na que, se estima, vanse recoller, segundo os últimos estudos realizados polo Consello Regulador, entre 32 e 34 millóns de quilos de uva en toda a denominación de orixe". De feito, xa se recolleron 7,5 millóns de quilos nos últimos días nas subzonas de O Rosal e o Condado.

José Manuel Cores Tourís incidiu no apoio aos viticultores por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Deste xeito, destinouse case medio millón de euros este ano para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. "Na denominación de orixe Rías Baixas estes plans permitirán mellorar 32 hectáreas, cunhas axudas que roldarán os 271.256 euros, é dicir, case o 60% do total aportado para a comunidade autónoma", explicou o delegado territorial.

Lagar de Fornelos naceu trala compra en 1988 da empresa La Rioja Alta, S.A., da adega Fernández Cervera Hermanos S.L., propiedade dunha familia relacionada coa construción naval. O obxectivo dos novos donos era buscar un lugar no que afincarse en Galicia para probar novos camiños enolóxicos. A adega ten capacidade para produción 600.000 litros de viño, "que son os que agardan recoller ao longo dos próximos días", engadiu José Manuel cores Tourís.

A sociedade ten por obxecto cultivo da vide, a elaboración e embotellado de viños e a elaboración e embotellado de augardentes, para o cal dispoñen de 75 hectáreas de viñedo, 60 no Rosal e 15 no Salnés, ademais dunha adega de elaboración de viño e dunha pequena destilería.
A maiores, tamén fabrica augardentes, para o cal dispoñen dunha pequena destilería con 8 alambiques, 20.000 litros de almacenamento en aceiro inoxidable e 90 barricas de carballo.
O delegado territorial aproveitou a visita a esta empresa para recordar a importancia do sector vitivinícola, non só para a provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia. "O futuro da nosa comunidade autónoma", afirmou, "pasa por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola".

A exportación é, segundo apuntou Cores Tourís, unha das apostas más serias deste sector. "Esta adega, que exporta o 50% da súa produción a mercados como Reino Unido, Alemaña, México, Xapón ou USA, é un bo exemplo de que a tendencia nos mercados de exportación tamén se plasma no incremento dos destinos, así como no número de adegas que afrontan a difícil tarefa de saír aos mercados a vender", engadiu Cores Tourís, quen recordou que os caldos da denominación de orixe Rías Baixas chegan a mercados como o estadounidense, "que supón a metade das exportacións", o inglés, o alemán ou o holandés, ademais de a países como Porto Rico, Suíza, Noruega, México, Xapón ou China.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí