Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CRA Mestre Manuel Garcés: Vinte anos educando no rural

Repartido en 13 aulas espalladas polo rural de Tomiño, organiza xornadas de portas abertas entre o 25 e o 28 de febreiro, de 10.00h a 13.00h

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, é un dos máis grandes de Galicia, con 150 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos

Fecha: 26 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, con máis de 150 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, repartidos en 13 aulas espalladas polo rural, organiza unhas xornadas de portas abertas entre o 25 e o 28 de febreiro, de 10.00h a 13.00h, co fin de dar a coñecer á poboación a existencia do centro, o seu método de traballo e por en valor a escola rural como modelo pioneiro a nivel educativo.

Este conxunto de aulas foi creado hai dúas décadas e é un dos máis grandes de Galicia, chegando a ter 17 unitarias onde se impartía tanto educación infantil, coma primeiro ciclo de Primaria.

Na actualidade conta con dezaseis mestres de educación infantil, profesorado especialista de psicomotricidade, música, inglés, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Dispón ademais dun departamento de orientación propio e con persoal coidador para atender aos nenos con necesidades especiais.

O CRA Mestre Manuel Garcés gañou en 2009 o premio nacional de Crearte, polo que dende esa data outorgóuselle a condición de Centro Educativo Creativo, tendo en funcionamento dende entón o proxecto de Crearte, no que participa todo o alumnado do centro.

O profesorado conta con plans de formación permanente en novas pedagoxías e metodoloxías de ensino, tendo moi en conta premisas sobre a educación emocional de pedagogos coma Tonucci, Montessori ou Waldorf. "Ofertamos unha educación integral que fomenta a autonomía, sen materias nin libros de texto, adaptada á forma de pensar do neno, a súa espontaneidade e a fomentar aquilo que o neno é e non o que queremos que sexa, dándolle gran importancia ao xogo libre, ao contacto coa natureza e o traballo con materiais naturais, nun espazo agradable, pensado e preparado exclusivamente para eles", explica o actual director, Antón de Valenzuela.

Para favorecer a autonomía dos pequenos, lévase a cabo o "traballo de responsables", no que os propios nenos son os encargados de abrir a porta, preparar e servir as merendas, atender o teléfono, coidar ás plantas, recoller a aula, etc. tendo que usar dentro da aula zapatillas coma as de casa.

Aínda que son unha escola rural, dispoñen de equipamento e materiais informáticos de última xeración, velocidade de conexión a internet de alta velocidade, o programa Abalar Móbil para facerlles chegar os avisos ás familias e non ter que empregar circulares de papel.

Asemade, o CRA mantén unha excelente relación coa comunidade educativa e co entorno, con outros centros, os comercios da contorna, con saídas ao mercado de Tomiño, onde son recibidos e atendidos polos vendedores; visitas ao Centro de Dia, e participando tamén en proxectos de cooperación transfronteiriza con Vilanova da Cerveira (Portugal).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones