Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales publica un artigo sobre o Catálogo de Árbores Senlleiras de Tomiño

O próximo día 10 de novembro tamén vai ser tamén presentada unha ponencia ao respecto deste catálogo no Simposio Internacional sobre a bacía Hidrográfica do Río Minho que vai ter lugar en Vilanova de Cerveira

En Tomiño catalogáronse 125 árbores e formacións de árbores senlleiras, o 75% delas corresponden a especies autóctonas, principalmente carballos, sobreiras e freixos

Fecha: 10 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A elaboración do Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño, vén de ser obxecto dun artigo recentemente publicado na revista científica da Sociedad Española de Ciencias Forestales, no marco dun número que recolle as ponencias presentadas en novembro de 2016, nun simposio sobre árbores "singulares" celebrado en Lourizán(Pontevedra). (http://secforestales.org/publicaciones/index.php/cuadernos_secf/issue/view/293 ).

O artigo resume a metodoloxía de elaboración e os principais resultados do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño. Pon de relevancia o seu carácter pioneiro no ámbito municipal galego, aínda que resulte máis frecuente a existencia de documentos deste alcance noutros municipios no ámbito de España. Tamén se destacan algunhas características propias, como a importancia que se outorga ás especies autóctonas e a exclusión de árbores exóticas invasoras, así como daquelas outras que se encontran fóra de parques e xardíns, agás o caso que revestisen importancia a nivel galego. Isto último só aconteceu cunha formación de carballo turco (Quercus cerris) naturalizada nunha valgada da ladeira da serra do Argallo.

En Tomiño catalogáronse 125 árbores e formacións de árbores senlleiras, o 75% delas corresponden a especies autóctonas, principalmente carballos, sobreiras e freixos, até un total de 20 especies. Outras tantas especies son exóticas, pero apenas supoñen un 25% do número de exemplares ou formacións contempladas.

O Concello de Tomiño está preparando a publicación do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño, baixo edición da Deputación de Pontevedra. O próximo día 10 de novembro tamén vai ser tamén presentada unha ponencia ao respecto deste catálogo no Simposio Internacional sobre a bacía Hidrográfica do Río Minho que ten lugar (hoxe e mañá) en Vilanova de Cerveira.

Por outro lado, estase a preparar a solicitude de inclusión de varios destes exemplares no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, debido as súas características e dimensións excepcionais; en concreto, o conxunto de sobreiras da capela de San Roque (Goián), o estripeiro do Espazo Fortaleza, un piñeiro do país en Goián, un freixo na ribeira do Miño en Forcadela, así como pés monumentais de magnolio, camelio, ciprés lusitano, catalpa e rododendro arbóreo, que crecen en distintos parques e xardíns do territorio municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones