Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CULTURA E EDUCACIÓN ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CICLO DE GRAO MEDIO DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL, QUE SE IMPARTIRÁ EN COLABORACIÓN COA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

É a primeira vez que se imparte este ciclo en Galicia, co que se amplía e diversifica a oferta de FP na comunidade

É a primeira vez que se imparte este ciclo en Galicia, co que se amplía e diversifica a oferta de FP na comunidade

Fecha: 06 de Octubre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre hoxe o prazo especial de matrícula para o ciclo formativo de grao medio de Emerxencias e Protección Civil, unha titulación que será impartida en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). As persoas interesadas en cursar estas ensinanzas poderán presentar a súa solicitude ata o 9 de outubro (ás 13 horas) no IES Antón Losada Diéguez da Estrada, centro no que se desenvolverá o ciclo. Trátase da primeira vez que se imparte este ciclo en Galicia, polo que a súa implantación vén a incrementar e diversificar a oferta formativa de FP na comunidade.

 

En total ofértanse 30 prazas, das que 20 corresponden á quenda xeral, 6 ao acceso desde os antigos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), 3 de acceso á FP mediante proba e 1 para deportistas de alto nivel ou rendemento. Poderán solicitar a admisión nesta titulación as persoas que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio no momento da inscrición.

 

O día 14 de outubro publicarase a relación provisional de persoas admitidas e en espera e abrirase un prazo de reclamación ata o 16 de outubro. A listaxe definitiva de solicitantes admitidos darase a coñecer o día 19 deste mesmo mes. Toda a información para a matrícula está dispoñible no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo-medio-emerxencias-proteccion-civil-periodo-especial-admision .

 

Módulos impartidos na Agasp

Ademais da formación que ofreza o IES Antón Losada Diéguez, impartiranse na Agasp os módulos de Mantemento e comprobación do funcionamento dos medios materiais empregados na prevención de riscos de incendios e emerxencias, Vixilancia e intervención operativa en incendios forestais, Intervención operativa en extinción de incendios urbanos, Intervención operativa en sucesos de orixe natural, tecnolóxico e antrópico, Intervención operativa en actividades de salvamento e rescate, Inspección de establecementos, eventos e instalacións para a prevención de incendios e emerxencias e Coordinación de equipos e unidades de emerxencias.

 

Neste sentido cómpre salientar que a Academia Galega de Seguridade Pública, ten unha larga traxectoria formativa e na elaboración de programas formativos e na impartición de formación nestas disciplinas, así como na colaboración coas universidades e institucións docentes. Ademais, a Agasp dispón dos espazos e dos equipamentos necesarios, que os centros educativos non posúen, para a impartición deste tipo de titulacións, o que redunda nunha mellor formación do alumnado galego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones