Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CULTURA E EDUCACIÓN ABRE O PRAZO PARA QUE OS CENTROS EDUCATIVOS SOLICITEN ESTADÍAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS DENTRO DA COMUNIDADE

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula a convocatoria e selección de centros para participar nestas actividades, dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e secundaria

As estancias serán dunha semana de duración e levaranse a cabo entre os meses de novembro e decembro deste ano

Fecha: 02 de Junio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir o prazo para que os centros docentes soliciten a súa participación nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa organizadas dentro da propia Comunidade que se desenvolven entre os meses de novembro e decembro. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se regula a convocatoria e selección de centros para participar nunhas estadías que están dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e a todas as etapas de educación secundaria obrigatoria.

Estas estadías lingüísticas, dunha semana de duración e organizadas en cinco quendas, desenvolveranse durante o curso escolar -en concreto, entre os meses de novembro e decembro deste ano- nun centro residencial situado en Galicia.

O obxectivo destas actividades de formación é que o alumnado desenvolva nun contorno real a súa comunicación en inglés, complementando esta formación con actividades de carácter cultural e lúdico, co fin de estimular a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar. Para conseguir o maior rendemento posible da estadía, o profesorado será nativo en lingua inglesa.

A convocatoria enmárcase no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras da Consellería de Cultura e Educación, e contribúe a desestacionalizar e ampliar fóra do verán este tipo de actividades de formación en idiomas.

Solicitudes
Os centros dependentes da Consellería que queiran optar a participar nestas actividades poderán presentar a súa solicitude dende mañá martes ata o próximo 18 de setembro. Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e alumnas, todos do mesmo nivel educativo. En todo caso, os detalles da resolución poden consultarse no enderezo web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-250515-0001_gl.html. Os centros que resulten seleccionados deberán enviar á Consellería, antes do día 31 de outubro de 2015, a listaxe de alumnado que vaia gozar das estadías.

A primeira das cinco quendas, que se levará a cabo do 1 ao 7 de novembro será para os estudantes de sexto de primaria; a segunda, do 8 ao 14 de novembro, para os estudantes de primeiro de ESO; a terceira, do 15 ao 21 de novembro, para os de segundo de ESO; a cuarta, do 22 ao 28 de novembro, para os de terceiro de ESO; e, xa por último, a quinta quenda, que será do 29 ao 5 decembro, para o alumnado de cuarto de ESO.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones