Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CULTURA E EDUCACIÓN CONTINUARÁ FACILITANDO O ACCESO DO ALUMNADO AOS LIBROS DE TEXTO, CON CLARA PRIORIDADE PARA AS FAMILIAS CON MENOS INGRESOS

A introdución do libro dixital, a implantación do Fondo Solidario de Libros de Texto e as axudas para a adquisición de libros de texto dan orixe a un formato novo e complementario de Gratuidade Solidaria

A Consellería promove a unión de recursos da Comunidade escolar, no marco dun novo modelo de acceso. Para iso, reuniuse coas ANPAs e enviou unhas instrucións informativas aos centros

Fecha: 02 de Junio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as ordes polas que se regulan tanto as axudas á adquisición de libros de texto como o funcionamento do novo fondo solidario de libros, dous instrumentos complementarios que permitirán ás familas ou ben adquirir os libros de texto (1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e educación especial) ou utilizar os dispoñibles nos Fondos que se constituen nos centros (3º e 5º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria), garantindo que as familias con rendas máis baixas sexan as primeiras beneficiarias.

 

A combinación dos diferentes programas postos en marcha pola consellería nos últimos anos (axuda para adquisición, reutilización de material existente, acceso progresivo a contidos educativos dixitais e a plataformas de aprendizaxe dixital) permite aproveitar o mellor de cada un dos instrumentos utilizados, obtendo o máximo rendemento educativo, así como un importante nivel de cobertura en canto ao alumnado beneficiario.

 

A Consellería xa tivo reunión coas confederacións de ANPAs a este respecto, e enviou hoxe unhas instrucións informativas sobre o novo sistema aos centros educativos.

 

Convocatoria de axudas

No vindeiro curso 2015/2016 as axudas á adquisición de libros dirixiranse ás familias do alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria -cursos nos que as características do seu uso limita ou exclúe a súa reutilización-, 4º e 6º de primaria e de 1º e 3º de ESO, vinculado, neste caso, ao calendario de implantación da LOMCE.

 

Os termos da convocatoria, así como os prazos e requisitos poden consultarse no DOG de hoxe, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.html .

 

En calquera caso cómpre salientar que as contías das axudas, así como os tramos de renda se manteñen invariables respecto do curso 2014/2015. Así mesmo, mantense que, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar. Neste mesmo sentido, os menores que se encontren en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados, e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

 

Para o resto dos casos, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes:

 

Educación Primaria:

 

o  Familias monoparentais:

§  Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 170 euros

§  Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

 

o  Resto das familias:

§   Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros

§   Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

 

Educación Secundaria Obrigatoria:

      

o Familias monoparentais:

§   Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 180 euros

§   Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros

 

o Resto das familias:

§   Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros

§   Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros

 

Fondo solidario

Tomando como referencia a convocatoria de axudas do curso 2014/2015 (que puxo as bases para constituir os Fondos de Libros nos centros docentes ao establecer a obriga de devolver os adquiridos con cargo ás axudas) e en consonancia co calendario de implantación da LOMCE, o alumnado de 3º e 5º de primaria - xa con novo currículo desde o pasado ano- e o de 2º e 4º da ESO - onde a LOMCE non se implantará ata o curso 2016/2017- accederá á Gratuidade Solidaria a través do Fondo solidario de libros de texto que se constituirá en cada centro de ensino.

 

Para facilitar e axilizar a súa xestión, porase en marcha a aplicación informática Fondolibros, a través da que se tramitarán as solicitudes do alumnado, se rexistrarán os lotes de libros dispoñibles en cada centro e se realizarán as asignacións, en función da renda. Así mesmo, os centros poderán solicitar a colaboración das ANPAS para realizar funcións  de recollida, inventario, clasificación e entrega de libros.

 

O Fondo nutrirase, ademais de cos libros cuxa devolución sexa obrigatoria, coas doazóns que voluntariamente se realicen por parte do alumnado, familias... Deste xeito, búscase favorecer a unión de forzas do conxunto da comunidade escolar, incentivando actitudes altruistas e solidarias que posibiliten alcanzar o máximo nivel de cobertura, e poidan acceder aos exemplares dispoñibles o maior número de alumnos e alumnas.

 

Os libros recollidos polos centros ao rematar o curso 2014/15, logo do seu rexistro na aplicación informática para determinar os exemplares dispoñibles, incorporaranse ao fondo.  Posteriormente, o centro asignará os libros de texto por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar -tomando como referencia a renda do exercicio fiscal 2013-. Non obstante, o alumnado que estea en tutela ou garda da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65% terá preferencia para a adxudicación dos libros de texto. Ademais este último, se a xuízo do centro non pode usar os libros de texto do curso no que estea matriculado, poderá acollerse á convocatoria de axudas e adquirir o material que o centro determine.

 

A data límite para a devolución dos libros será o 19 de xuño de 2015. Porén, o alumnado de 2º ou 4º de ESO que teñan algunha materia pendente, poderá quedar co libro correspondente ata que se examine, e devolvelo, como máximo, ata o día 4 de setembro de 2015. Os termos de funcionamento do Fondo poden consultarse no DOG no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0002_gl.html .

 

O prazo de presentación de solicitudes no centro educativo - unha por cada alumna ou alumno da familia- iniciarase mañá e rematará o 30 de xuño de 2015. Para acceder tanto ás axudas como ao Fondo Solidario no curso 2015/2016 será requisito imprescindible ter devolto os libros do actual curso 2014/15 - no caso de teren sido adquiridos con cargo aos vales.

 

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

De acordo coa especial atención que a Consellería presta á diversidade nos centros de ensino de Galicia, considéranse as circunstancias do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo respecto do que os centros docentes poden adoptar as medidas oportunas para que poidan dispoñer do material que precisen (adaptado ou elaborado), no suposto de que os libros de texto non se axusten ás súas necesidades educativas. Ademais, poderanse arbitrar outras medidas de reforzo, a liña de actuación xa realizada no pasado curso.

 

A tal efecto, achegarase ao centros instrucións relativas ao procedemento a seguir nestes casos: solicitude motivada, informes psicopedagóxicos dos equipos de orientación, inspección educativa...; ou participación na convocatoria anual de axudas específicas cos requisitos e trámites que nela se determinen.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones