Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CULTURA E EDUCACIÓN CONVOCA OS CENTROS ESCOLARES PARA ADHERIRSE AO PLAN PROXECTA, QUE OFERTA DEZ PROGRAMAS MÁIS PARA O VINDEIRO CURSO 2015-2016

O Plan é froito da cooperación entre as distintas entidades do Goberno galego co fin de favorecer a innovación nos centros de ensino

Axuda a impulsar o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos

Fecha: 02 de Julio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o prazo para que os centros educativos participen na convocatoria dos programas convocados ao abeiro do Plan Proxecta para o vindeiro curso 2015-2016.

Os centros escolares teñen ata o 15 de outubro para solicitar a súa participación nalgún dos 38 programas que se ofertan desta volta, dez dos cales son de nova incorporación. A listaxe de programas así como as condicións da convocatoria poden consultarse no DOG de hoxe, no enderezo electrónico http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150701/AnuncioG0164-220615-0007_gl.html .

O Plan Proxecta é unha iniciativa do departamento educativo do Goberno galego que se deseña en colaboración co resto das consellerías e outros organismos e que ten como finalidade fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan competencias clave e a educación en valores.

Ao abeiro deste Plan, os centros teñen a oportunidade de organizar -cunha metodoloxía de traballo ordenada e unificada, e dentro do currículo escolar- unha serie de actividades complementarias que poden resultar moi interesantes para a comunidade educativa e, ademais, estreitamente vinculadas coa actualidade. Como se leva facendo nos últimos tres anos, os programas ofertados tratan de afondar e fomentar coñecementos e prácticas relacionadas coa saúde, a ciencia e a tecnoloxía, o medio ambiente, desenvolvemento sostible, o consumo responsable, o patrimonio, a solidariedade, a igualdade, a comunicación e o voluntariado, entre outros.

Novos programas: saúde, cultura, medio ambiente, deporte, mobilidade e tecnoloxía

Así, para o vindeiro curso incorpóranse dez programas novos. No eido da saúde e a alimentación, a través da Consellería de Sanidade ofértanse ‘Cociñando con saúde', ‘Xermoliño' e ‘Xermolón', todos eles encamiñados á concienciación do alumnado sobre a importancia da calidade alimentaria e á promoción da alimentación saudable e a adquisición de pautas de consumo responsable.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura e Educación promove dous programas novos que son ‘Mirando polo Camiño' (de coñecemento, divulgación e protección do patrimonio cultura vinculado ao Camiño de Santiago), e ‘Ti es creador', da AGADIC en colaboración coa SGAE, co fin de promover a alfabetización audiovisual e o desenvolvemento de experiencias creadoras.

No ámbito do medio ambiente e en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, desenvolveranse  ‘Protexe os animais' e ‘Naturézate'. A través da Secretaría Xeral para o Deporte incorpórase o programa DAFIS (de promoción da vida activa e saudable), e a Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colabora no ‘Aprendo programando' (uso da programación como ferramenta para desenvolver as competencias do alumnado no eido da ciencia e tecnoloxía). Finalmente, co apoio da Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio do Interior, incorpórase o programa ‘Mobilidade sostible e segura'.

Cooperación institucional

O Plan Proxecta crea un marco xeral de cooperación entre as distintas entidades do Goberno galego co fin de favorecer a innovación nos centros educativos a través de  programas externos que buscan impulsar o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos.

Ao abeiro do devandito Plan e baixo a dirección do departamento de Cultura e Educación, convócanse baixo o mesmo marco metodolóxico os programas educativos que desenvolven oito departamentos do Goberno galego e un do Goberno do Estado. Neste curso participan a Presidencia da Xunta de Galicia (a través da SX para o Deporte-Fundación Deporte Galego, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia-Amtega); a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (a través da DX de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e da SX de Igualdade); a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; a Consellería de Economía e Industria (a través do Instituto Galego de Consumo); a Consellería de Sanidade (a través do Sergas); a Consellería de Traballo e Benestar; a Consellería de Medio Rural e do Mar, e, por último, a propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Polo Goberno do Estado participa o Ministerio do Interior a través da Dirección Xeral de Tráfico.

Cómpre lembrar que neste curso que acaba de rematar, arredor de 72.000 alumnos e 4.400 docentes de 420 centros de ensino público e concertados participaron neste Plan, e desenvolveron un total de 755 proxectos relacionados cos distintos programas ofertados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí