Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Deputación, Concello e Xunta asinarán nos vindeiros días o convenio para crear a nova avenida que rodeará o Seixo en Tomiño

A institución provincial achegará 2.351.163,26 euros dos 3,5 millóns que se investirán na construción da nova estrada

A institución provincial achegará 2.351.163,26 euros dos 3,5 millóns que se investirán na construción da nova estrada

Fecha: 31 de Julio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Deputación, Concello de Tomiño e Xunta de Galicia asinarán nos vindeiros días o convenio polo que se construirá a nova avenida que rodeará e liberará de tráfico o núcleo urbano do Seixo en Tomiño. Así o manifestou hoxe o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, logo de que o goberno autonómico dese o visto ao acordo no Consello da Xunta.

Benítez mostrou a súa satisfacción polo paso dado polo goberno galego e subliñou que é a primeira vez que a Deputación e a Xunta de Galicia chegan a un entendemento para realizar unha intervención en materia infraestruturas no Concello Tomiño. "Dende a Deputación valoramos positivamente a colaboración institucional, xa que había un problema viario que afectaba a tres administración e démoslle saída, polo que é de felicitarse pola solución acordada", indicou.

O nacionalista indicou que a creación da nova estrada, que terá formato de avenida e rodeará o núcleo do Seixo, é un dos proxectos máis ambiciosos do Plan de Actuacións 2017-1018 do departamento de Mobilidade da Deputación. Esta nova vía permitirá mellorar a conexión entre a vía provincial EP-3102 (Tomiño-Sabarís) e a estrada autonómica PO-344, e complementará a futura actuación autonómica da Vía de Alta Capacidade Tui - A Guarda, funcionando como acceso a Tomiño.

Segundo Benítez, a día de hoxe a confluencia das estradas provinciais EP-3102 Tomiño-Sabarís e a estrada autonómica PO-344 no núcleo urbano do Seixo xera un "grave problema de conxestión de tránsito de vehículos", cunha intensidade media diaria de entre 5.000 e 10.000 coches, polo que o desvío do tráfico suporá "unha mellora substancial da calidade urbana e da seguranza viaria" na vila.

En canto ao orzamento, a execución desta actuacións estímase en 3.545.623,60, que se repartirán en 2.351.163,26 euros investidos pola Deputación provincial (preto do 70%), 261.240,36 euros polo Concello de Tomiño, e 933.219,98 euros pola Xunta de Galicia en concepto de contratos de servizo e expropiacións, a repartir en diferentes anualidades.

A Deputación de Pontevedra será a encargada de elaborar o documento técnico da estrada, da licitación e execución das obras, así como dos contratos de servizo accesorios para a dirección control e seguimento dos traballos.

"Un antes e un despois"
Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño Sandra González Álvarez manifestou tamén a súa satisfacción por ver finalizados os trámites burocráticos para a sinatura do convenio que permitirá a nova estrada. A rexedora manifestou que a avenida que rodeará o Seixo é un proxecto no que o goberno local leva traballando anos, xa que "é un proxecto fundamental que vai cambiar a vila e suporá un antes e un despois para o urbanismo e o casco urbano do concello de Tomiño".


A nacionalista quixo destacar que a nova infraestrutura favorecerá o futuro crecemento urbanístico ordenado do casco urbano, a diferencia do que tivo sucedido "ata o de agora", e tamén as características do vial, definido con criterios de mobilidade sustentable, segura e inclusiva, xa que contará cunha zona específica para o tránsito peonil e cicilista. "Esta nova avenida está pensada para as persoas, cun gran carril bici e espazo para camiñar, o que é moi importante para os veciños e veciñas".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones