Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DEPUTACIÓN E CONCELLOS APOSTAN POR COMPLETAR A REDE DE SENDEIROS FLUVIAIS DO MIÑO CON FONDOS EUROPEOS

O obxectivo destes catro municipios é realizar unha senda lineal dende Tui ata A Guarda con características consensuadas

Uxío Benítez subliña a necesidade dun estudo de impacto ambiental que aclare a conveniencia de realizar un dragado ecolóxico e actuacións de rexeneración no río

Fecha: 10 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e os concellos de A Guarda, Rosal, Tomiño e Tui apostaron onte por completar a rede de sendeiros fluviais do río Miño cos fondos europeos que se pretenden conseguir coa candidatura 'Ecotur Uniminho 2.0'. Así o manifestaron o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, e os alcaldes e representantes dos municipios do Baixo Miño nun encontro no que puxeron sobre a mesa varios proxectos concretos cos que poñer en valor as potencialidades do espazo transfronteirizo con Portugal para atraer potenciais turistas.

"A reunión foi moi satisfactoria, xa que puidemos plantexar unha visión conxunta das necesidades de actuación para a zona do Miño, encaixando as ideas e propostas nunha aposta global e integradora do territorio. Todos coincidimos na necesidade de abordar de xeito consensuado as actuacións en materia de turismo, xa que hai elementos singulares de cada zona que se poden unir ao plantexamento global e ter máis forza", subliñou Benítez.

Senda transfronteiriza

Todos os concellos da beira do Miño dispoñen nestes momentos dunha rede de sendeiros fluviais que permiten tránsitos peonís a través de espazos naturais, mais hai zonas nas que esos sendeiros non están conectados entre si: faltan algúns tramos tanto en A Guarda, Rosal, Tomiño como en Tui. O obxectivo destes catro municipios é realizar unha senda lineal dende Tui ata A Guarda con características consensuadas para que haxa un fluxo continuo de visitantes tanto dun municipio a outro como tamén cara á parte portuguesa da canle fluvial.

Neste sentido, e como mostra do interese por facer un proxecto global, insistiuse en que se traballará de xeito conxunto para apoiar a candidatura do Concello de A Guarda e a Cámara Municipal de Caminha para converter o estuario do Miño (punto final do mencionado sendeiro fluvial) en Patrimonio Mundial da Unesco dentro da categoría de Paisaxe Cultural, algo que beneficiaría de xeito conxunto á todo o proxecto europeo transfronteirizo no que están involucradas a Deputación de Pontevedra e os concellos galegos e portugueses da 'raia'.

Outro dos temas que se abordaron no encontro de hoxe foi a necesidade dun estudo de impacto ambiental do dragado ecolóxico do río, sobre todo na zona da súa desembocadura. Este traballo permitiría saber se é conveniente retirar area do fondo (que se vai acumulando progresivamente dende a creación das presas e que dende hai tempo non é retirada polas posturas conservaduristas dos gobernos centrais e autonómico), así como outras actuacións de rexeneración que poderían incidir na economía, lecer e actividade xeral da zona, como serían posibilitar a pesca ou mellorar praias fluviais de ámbalas dúas marxes do Miño. Estas actividades poderían estar directamente relacionadas coas propostas a incluír dentro da candidatura galego-portuguesa 'Ecotur Uniminho 2.0' para obter arredor de cinco millóns de euros de fondos comunitarios do programa Interreg V A- POCTEP.

Mellora de elementos patrimoniais
O deputado Uxío Benítez e os alcaldes do Baixo Miño tamén sinalaron a necesaria mellora de moitos elementos patrimoniais singulares que dan valor ao conxunto do Miño como área de destino. Neste sentido, Benítez insistiu en que o Monte de Santa Tecla, os Muíños de Folón e Picón ( un grupo de 60 construcións en cascada no Rosal, declarados Bens de Interese Cultural) ou o parque natural do Monte Aloia, requerirían dunha inversión importante para a súa posta en valor.

Finalmente, no encontro de hoxe os representantes do Concello de Tomiño tamén fixeron referencia ao traballo de creación dun europarque transfronteirizo que una a zona de Fortaleza e Casteliño, con usos e xestión conxunta, así como a posibilidade de construir unha pasarela sobre o río que conecte as dúas zonas e faga do parque en si unha nova zona singular atractiva para a dinamización da economía.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones