Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Deputación e Fomento manterán unha reunión para desbloquear o protocolo dos 18 castros da provincia

A Presidenta adiantou que a Deputación proporá ao Ministerio a sinatura dun convenio, -que sexa unha obriga total e absoluta por parte das dúas Administracións-

Excavacións no lugar de Mergelina no Monte de Sta. Trega de A Guarda en setembro de 2015

Fecha: 22 de Septiembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou  que agarda que o vindeiro luns, nunha reunión en Madrid entre técnicos da Deputación e do Ministerio, se poida pechar a actual situación de bloqueo por parte de Fomento con respecto ás súas obrigas no protocolo para a posta en valor dos 18 castros da provincia.

"Produto das cartas que lle remitimos, temos conseguido que o luns haxa en Madrid unha reunión para avanzar e pechar esta situación", indicou a Presidenta. Carmela Silva manifestou que o seu obxectivo é seguir cos traballos previstos e co calendario establecido para os 18 xacementos nos que hai que actuar "e que Fomento inicie xa as súas obrigas con respecto ao protocolo asinado".

A Presidenta agarda que, despois do luns, Fomento actúe de inmediato e cumpra coas súas responsabilidades recollidas no protocolo. O documento recolle a realización de tarefas de escavación en seis dos castros e labores de limpeza noutros doce por parte da Deputación, mentres que Fomento se encarga, unha vez rematados os traballos da institución provincial, da musealización, consolidación, restauración, accesibilidade e sinalización.

Silva lembrou que a Deputación está cumprindo rigorosamente coas súas obrigas, pero non así dende Madrid. "Eu xa amosei a miña preocupación, aínda que agora estou convencida de que esta situación cambiará a partir do luns" Carmela Silva engadiu ademais que, como o que existía era un protocolo, "tamén plantexamos a Fomento que asinemos un convenio que sexa xa unha obriga total e absoluta por parte das dúas administracións". Explicou que o primordial é "poder continuar cun proxecto tan relevante para a provincia, co que estamos totalmente volcados e que está dando tanta información e tantos descubrimentos da nosa historia".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones