Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Desexos dos membros da Mancomunidade do Baixo Miño para o novo ano

Os Membros da Mancomunidade do Baixo Miño rematan o ano desexando ter unha reunión coa Consellería de Sanidade e que se atenda ás alegacións feitas respecto ó Transporte Público

Os Membros da Mancomunidade do Baixo Miño rematan o ano desexando ter unha reunión coa Consellería de Sanidade e que se atenda ás alegacións feitas respecto ó Transporte Público

Fecha: 31 de Diciembre de 2019

Fuente: Mancomunidade Baixo Miño

Os membros da Mancomunidade do Baixo Miño, formada polos gobernos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, reúnense antes de rematar o ano para tratar algúns temas importantes de cara ó ano que ven.

Entre eles, amosan a súa preocupación por dúas cuestións que consideran cruciais para a veciñanza: A situación da Sanidade e do Transporte Público na Comarca.
Desde xullo veñen solicitando unha cita coa Consellería de Sanidade na Xunta de Galicia para falar da súa situación.

Ata o momento nin tan sequera obtiveron unha resposta a esta solicitude.
No mes de agosto, por primeira vez na historia, xuntáronse os catro Concellos para facer as alegacións ao anteproxecto de transporte que sacou a Xunta e que deixaba á comarca nunha situación aínda máis deficitaria á actual.

Os catro Concellos tiveron a capacidade de realizar un plan das necesidades do transporte para os mesmos que presentaron conxuntamente na Xunta.

Nestas datas de desexos e bos augurios coa nova entrada de ano, desde a Mancomunidade amosan de novo o seu desexo inminente de ter unha reunión coa Consellería de Sanidade, así como que se fagan efectivas e se contemplen as necesidades implementadas co obxectivo de mellorar a situación do transporte para a veciñanza dos seus Concellos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones