Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dezaoito entidades traballan en 9 propostas de cooperación entre Cerveira e Tomiño

O prazo de presentación de ideas para a segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro

O prazo de presentación de ideas para a segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro

Fecha: 09 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

A segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) comeza a dar os seus froitos. En total, 18 entidades están traballando na elaboración de 9 propostas de cooperación entre Cerveira e Tomiño en tres áreas de acción: Educación e Cultura, Deportes e Lecer e Territorio e Ambiente.

O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro. Calquera iniciativa deberá ser presentada obrigatoriamente por ao menos unha entidade, unha asociación ou un cidadán particular de cada un dos dous concellos participantes.

O envío das propostas deberá realizarse a través dun formulario habilitado na web participacerveiratomino.eu e poderá acompañarse dun vídeo promocional dun máximo de 3 minutos. Esta mesma páxina ten á disposición de todo o público un foro de debate no que intercambiar ideas ou buscar posibles socios para os proxectos.

Nestes intres algunhas entidades están traballando de xeito simultáneo na elaboración de varias propostas e un equipo técnico do OPT está axudando ás entidades que o precisan a poñerse en contacto entre si para poder levar a cabo as ideas deseñadas.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo trátase dun proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que busca implicar á poboación de Cerveira e Tomiño na procura de solucións para necesidades comúns. Está incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Unha vez finalizado o prazo de presentación, as propostas serán analizadas ata o 7 de decembro e, tras un período de reclamacións, cerveirenses e tomiñenses poderán votar o seu proxecto preferido entre o 20 de decembro de 2017 e o 20 de febreiro de 2018 na propia web do OPT. As ideas presentadas optarán a conseguir unha subvención aproximada de 5.000 euros para a execución do proxecto.

Máis información sobre o OPT 2018: http://participacerveiratomino.eu/?lang=pt-pt
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones